Inicio lugo O Grupo Popular salienta que a Xunta inviste cada ano no transporte...

O Grupo Popular salienta que a Xunta inviste cada ano no transporte público por estrada 80 millóns de euros, o dobre do que está a pedir o BNG

Santiago, 4 de outubro de 2022.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou no Pleno do Parlamento galego que “Galicia dispón dunha rede de transporte público de competencia autonómica conformada por máis de 3.400 liñas renovadas e modernas, nas que se está a investir cada ano 80 millóns de euros, unha cifra que duplica a que solicita o BNG” na súa moción parlamentaria debatida esta tarde.

Referíndose en concreto á provincia de Lugo, Balseiro destacou que “os datos acreditan a transformación do transporte vivida nos últimos anos”. Así, explicou que se multiplicaron por catro os quilómetros totais percorridos (pasando de 2 a 8,4 millóns de quilómetros), se multiplicou por 8 o número de liñas (pasando de 76 a 549) e existen o triplo de paradas (2.600 fronte ás 7.400 actuais).

Cambiar o punto de mira

José Manuel Balseiro criticou que o BNG “sérvese de incidencias puntuais para cuestionar o bo funcionamento xeral do transporte público por autobús en Galicia, pedindo á Xunta ao mesmo tempo aquilo que os nacionalistas non fan alí onde gobernan”.

“Cambien o punto de mira e sexan un pouco máis sensibles cos centos de cidadáns que cada día quedan sen billete nas estacións de tren galegas, e censuren a caótica xestión de Renfe, que enche trens con viaxeiros fantasma e deixa a moitos outros en terra por falta de reforzos, que se ven obrigados a utilizar a única alternativa posible: o autobús da Xunta”, indicou.

Deste xeito, demandou aos nacionalistas galegos que “dean a batalla por garantir máis frecuencias, mellores horarios, unha modalidade acorde cos tempos e un servizo ferroviario público digno”. “Non nos vale que, como solución, pidan que a Xunta asuma o transporte por ferrocarril en Galicia, porque non se trata de pagar con cartos dos galegos o que lle corresponde asumir á Facenda estatal”, dixo.

Leer más:  La Fiscalía pide la absolución de un joven de Vilalba (Lugo) que enfrenta cargos por agredir sexualmente a su ex pareja, quien era menor de edad

- Te recomendamos -
Artículo anteriorTeixido non optará de novo á presidencia do PP de Guitiriz e abre o camiño para o proceso de renovación da lista popular para as próximas eleccións locais
Artículo siguienteO PP de A Pastoriza demanda a posta en servizo da depuradora de augas residuais, que leva máis de ano e medio sen uso
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.