Inicio lugo O PP de Viveiro insta a Loureiro a tomar decisións sobre o...

O PP de Viveiro insta a Loureiro a tomar decisións sobre o antigo mercado gandeiro, hoxe convertido nun almacén de contedores, para que sexa útil aos veciños

Viveiro, 3 de outubro de 2022. Ao lado da estación da ITV e a poucos metros dun tanatorio, o recinto do antigo mercado gandeiro de Viveiro constitúe un exemplo do déficit de xestión do goberno local presidido pola socialista María Loureiro; é unha mostra da falta de proxecto de cidade que ten o equipo que encabeza Loureiro. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, anuncia a presentación dunha iniciativa para que o goberno local aclare que plans ten para este recinto, de maneira que, aproveitando a súa boa situación, poida ser de utilidade para os veciños de Viveiro. No PP indican que o muro que pecha o recinto é moi baixo e pode acceder quen queira, co conseguinte risco para a súa integridade física e as correspondentes responsabilidades para o Concello

O recinto do antigo mercado gandeiro está convertido nun depósito de contedores de lixo, de distinto tipo e en diferente estado de conservación; ten tamén algo de desguace automobilístico, pois alí leva aparcado moitos anos, ou polo menos así, parece, un inutilizado antigo todoterreo institucional a medio podrecer. As vellas construcións do mercado están cubertas de uralitas, que antes ou despois terán que ser retiradas a un depósito autorizado. E así un largo etcétera nun mostrario que afea esta parte da cidade á vez que mantén sen uso útil para os cidadáns unha ampla superficie municipal na rúa Verxeles.

Óscar Rodríguez sinala: “Este é un caso ben claro da falta de proxecto de cidade que ten a alcaldesa. Non se pode ter un terreo como este, tan ben situado, cheo de contedores e convertido nun almacén de cousas distintas, útiles unhas, inútiles moitas outras”.

Leer más:  ALERTA EN Lugo ante la plaga de cucarachas resistentes a insecticidas que ya podrían estar en tu casa

Os populares din que pouco se pode esperar dunha alcaldesa que é incapaz de sacar adiante o PXOM e que, debido a elo, a construción leva parada en Viveiro moitos anos. Rodríguez di: “O do PXOM non ten xustificación, pero moito menos que non tome as medidas adecuadas para baleirar o antigo mercado gandeiro, tirar as construción que haxa que tirar, ou, noutro caso, aproveitar e reformular as que se poidan utilizar”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorElena Candia, aos mozos e mozas da provincia: “Queremos escoitarvos e unirvos ao noso proxecto”
Artículo siguienteO PP de Pol pon en valor as políticas da Xunta para apoio ás familias que permiten que o Punto de Atención Infantil sexa gratuíto
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.