Inicio lugo O PP de Pol pon en valor as políticas da Xunta para...

O PP de Pol pon en valor as políticas da Xunta para apoio ás familias que permiten que o Punto de Atención Infantil sexa gratuíto

Pol, 03 de outubro de 2022. O pleno de Pol, en reunión extraordinaria, aprobou días pasados a modificación da ordenanza que regula a taxa correspondente ao Punto de Atención á Infancia, que, gracias ás axudas concedidas pola Xunta de Galicia, será un servizo gratuíto, segundo sinala a presidenta da xestora do PP, Nicole Grueira. A mesma representante popular explica: “O PAI no noso concello será gratuíto para todas as familias, grazas ao traballo competente que está a realizar a Xunta de Galicia”.

Grueira destaca que “o goberno galego prioriza ás familias, con fin de facerlles máis fácil o día a día, especialmente en momentos de precariedade como os que estamos a vivir todos os españois”

Coa reforma, a ordenanza corresponde ao PAI queda redactada así: “Establécese a gratuidade da taxa pola prestación do servizo de Punto de Atención á Infancia, en base á orde de 22 de Xullo de 2022, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís de 0-3 anos e punto de Atención á Infancia de titularidade municipal (…). Ao abeiro da citada orde, este Concello non repercutirá as cotas sinaladas en artigos anteriores ao proxenitores ou titores legais de todos aqueles menores que asistan ao PAI de Pol”. A gratuidade aplícase con efectos retroactivos dende o pasado 1 de setembro.

Leer más:  El próximo sábado el alcalde recién elegido de A Estrada (Pontevedra) asumirá su puesto y el miércoles lo hará el alcalde de Guntín (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Viveiro insta a Loureiro a tomar decisións sobre o antigo mercado gandeiro, hoxe convertido nun almacén de contedores, para que sexa útil aos veciños
Artículo siguienteLa alcaldesa de Lugo augura un San Froilán “muy masivo” y el Ayuntamiento refuerza y amplía las líneas de autobuses
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.