Inicio lugo REFORZOS DO SERVIZO DE XERIATRÍA NO HULA

REFORZOS DO SERVIZO DE XERIATRÍA NO HULA

Lugo é unha das cidades máis envellecidas de todo Galicia e está entre as dez primeiras de España, cumprindo ao redor da cuarta parte dos seus habitantes xa os 65 anos. No que se refire á provincia, máis do 30% da poboación supera os 65 anos, é dicir preto de 96.500 homes e mulleres, e un 7% supera os 85 anos, 22.741 persoas.

As persoas maiores sofren un proceso de envellecemento no decurso dos anos e en moitas ocasións vai unido á aparición de diversas enfermidades, o que converte a este colectivo, entre outros factores, en máis vulnerable que o resto da poboación. Proba disto foi a situación da crise sanitaria derivada da Covid-19, sendo a poboación maior a de máis risco sanitario.

A xeriatría é a rama da medicina que se encarga do estudo da prevención, o diagnóstico e o tratamento da especificidade das enfermidades propias do envellecemento. A xeriatría non só considera os aspectos clínicos, senón todos aqueles que poidan contribuír a unha prevención, tratamento e rehabilitación axeitado ao paciente maior integrando á familia e á sociedade na que viven. A xeriatría non é unha especialidade médica que poida ser substituída por outras, senón que as complementa, facendo unha atención holística da persoa doente.

Segundo a información que a Consellería de Sanidade lle facilitou á Valedora do Pobo, o Servizo Galego de Saúde conta con 22 facultativos especialistas en xeriatría: 11 en Lugo, 9 en Vigo, 1 en Ourense e 1 en Ferrol. Tendo en conta esta información, o ratio por habitante que atende cada xeriatra é de 8.772 persoas.

Tendo en conta que as persoas de idade deben ter acceso a servizos de atención de saúde que lles axude a manter un bo nivel de benestar tanto físico como mental e emocional, así como previr ou atrasar o máximo posible a aparición de enfermidades; as políticas públicas deben ir dirixidas a proporcionarlles protección, rehabilitación e estímulo social seguro e non o están a garantir.

Leer más:  Protestas en Mallorca tras la tala de 200 pinos históricos por construcción del Four Seasons en Pollensa

Outra proba diso é a reforma das áreas sanitarias levada a cabo pola Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular en marzo de 2018, onde a nosa provincia constitúe unha única área: Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, suprimindo as áreas sanitarias de Monforte e Burela. Todo elo supuxo que o único servizo de xeriatría que existe na provincia sexa o do Hospital Universitaria Lucus Augusti (HULA), que atende non só á cidadanía do Concello de Lugo, senón tamén a toda a provincia.

Esta reforma non veu acompañada dun incremento de número de xeriatras. Pola contra, sufriu un estancamento de persoal xeriatra inxustificado se atendemos ás características da poboación do noso concello, e por extensión, da área sanitaria.

O antes exposto supón unha merma da atención aos veciños e veciñas do Concello de Lugo que ven como o número de xeriatras é insuficiente para atender toda a demanda da área sanitaria.

Este incremento de xeriatras foi solicitado en varias ocasións polo propio servizo e por diversas forzas sociais. Tamén foi solicitado un incremento de médicos residentes en xeriatría, feito que foi denegado polo Goberno de Núñez Feijóo en varias ocasións, a última no primeiro semestre deste mesmo ano. É coñecido que especialistas en xeriatría vense obrigados a traballar noutras áreas de especialidade médica ante a falta de contratación de xeriatras. Feito paradóxico se temos en conta as características poblacionais expostas anteriormente.

É necesario que se formen novos residentes a fin de dispor dos profesionais suficientes

e para elo a Comunidade Autónoma debe solicitar a acreditación e asumir nos seus orzamentos o incremento económico que supón a incorporación de residentes.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Socialista do Concello de Lugo presenta para a súa aprobación polo Pleno Municipal dos seguintes ACORDOS:

Leer más:  Un hombre de 55 años fallece en un accidente entre un coche y un camión en Pantón (Lugo)

Solicitar á Xunta de Galicia que a través da Consellería de Sanidade conceda ao HULA residentes de xeriatría, tal e como se lle solicitou o propio servizo.

Solicitar á Xunta de Galicia, a través da xerencia do HULA, que incremente o número de xeriatras no HULA a fin de ratios axeitados á poboación que se atende e así mesmo se xeren servizos satélites nos hospitais comarcais de Burela e Monforte.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLos vehículos pesados no podrán circular por la A-6 desde Lugo al Bierzo si hay riesgo de nieve
Artículo siguienteACTUACIÓNS DAS ADMINISTRACIÓNS CONTRA ASUBMISIÓN QUÍMICA QUE ATENTA CONTRA AS MULLERES
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.