Inicio lugo O PP de Viveiro recolle firmas en apoio do manifesto contra o...

O PP de Viveiro recolle firmas en apoio do manifesto contra o veto á pesca de fondo nos caladoiros habituais

Viveiro, 29 de setembro de 2022. O PP xa expresou con claridade en distintos foros a súa preocupación por la decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo en 87 caladoiros, nos que faenan gran cantidade de barcos galegos e, en concreto, de A Mariña. Os populares de Viveiro, segundo explica o seu presidente e portavoz municipal, Óscar Rodríguez,  “diante da grave situación á que se enfronta o sector da pesca, a causa do veto imposto en 87 áreas e as graves consecuencias que isto conleva para A Mariña, esta mañá, na Praza Maior, levamos a cabo unha recollida de firmas en apoio do manifesto en defensa da pesca”.

Rodríguez lembra que o PP defendeu na Deputación o pasado martes unha moción en defensa do sector pesqueiro. O portavoz popular sinala: “Como se di na iniciativa popular, o Goberno ten que expresar con total rotundidade o rexeitamento ao veto decidido por Bruxelas á pesca de fondo e así o debe trasladar á Comisión Europea; o Goberno ten que defender con eficacia a importancia deste sector no conxunto do sector pesqueiro”. Engade: “O de Celeiro é un dos portos máis afectados e non estamos dispostos a deixar que unha medida como esta non teña o rexeitamento máis claro e contundente”.

Os populares destacan que, pola súa parte, “a Xunta rexeita o veto á pesca de fondo que pon en risco á frota galega e prexudica en gran medida ao conxunto da comunidade”.

Leer más:  Un conductor resulta ileso tras incendiarse el coche que conducía en pleno centro de Chantada (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Parlamento galego demanda ás deputacións de A Coruña e Lugo que renoven o convenio coa Xunta para dar continuidade aos GES
Artículo siguienteO PP da Pastoriza lamenta que o rebacheo de pistas municipais consista en “tapar un e deixar catro”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.