Inicio lugo O PP do Páramo urxe ao goberno local a solucionar os problemas...

O PP do Páramo urxe ao goberno local a solucionar os problemas co abastecemento de auga porque “hai vivendas que levan máis de 15 días sen auga”

O Páramo, 28 de setembro de 2022. O Grupo Municipal Popular do Páramo reclama ao goberno local unha solución aos problemas de abastecemento de auga que están a sufrir veciños e veciñas de varias parroquias. “Algunhas vivendas levan máis de 15 días sen auga e, outras, incluso máis dun mes”, explica a voceira, Verónica Arias.

Os populares trasladaron esta reclamación durante o pleno municipal celebrado este martes. “É un ano de moita seca, pero trátase dun servizo básico municipal que debe prestar o Concello, máis aínda tendo en conta que cobra pola súa xestión. Os nosos veciños e veciñas non poden estar sen subministro de auga durante tanto tempo”.

Por outra banda, xa que é preciso realizar cortes de auga de forma controlada debido á seca, os populares manifestaron que “os responsables municipais deben avisar con tempo aos veciños -a través dos pedáneos de cada parroquia, por exemplo- sobre onde e cando se vai cortar a auga de forma que coñezan con tempo a situación”.

Casa da Folgueira

Arias urxiu ao goberno local a manter en condicións de seguridade e salubridade a Casa da Folgueira que adquiriu o Concello en Beleigán. “Está abandonada de todo: hai que tomar medidas porque unha parte do tellado está a piques de caer e tamén hai que limpar a maleza para evitar que invada outra vivenda lindeira”.

Leer más:  La Fiscalía pide la absolución de un joven de Vilalba (Lugo) que enfrenta cargos por agredir sexualmente a su ex pareja, quien era menor de edad

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Grupo Popular lamenta que o BNG rexeitara un acordo unánime do Pleno do Parlamento de apoio ao sector vacún de carne
Artículo siguienteLas fiestas de San Froilán, en Lugo, llegan con más de 200 actividades
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.