Inicio lugo O Grupo Popular lamenta que o BNG rexeitara un acordo unánime do...

O Grupo Popular lamenta que o BNG rexeitara un acordo unánime do Pleno do Parlamento de apoio ao sector vacún de carne

Santiago, 28 de setembro de 2022.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, criticou que o BNG rexeitara hoxe no Pleno do Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei consensuada de apoio ao sector de vacún de carne, que inclúa a solicitude á Comisión Europea de novas axudas para facer fronte á suba de prezos e o encarecemento dos custes de produción, así como flexibilizar as esixencias incluídas na condicionalidade reforzada para o cobro das diferentes axudas directas dentro da PAC.

Elena Candia lamentou que a oposición do BNG “privara de mandar unha mensaxe de unidade e lealdade cos gandeiros, que só están a reivindicar o que está mal feito”.

Nova axuda para becerros sacrificados

En concreto, a portavoz popular demandou que o Ministerio de Agricultura traslade á Comisión Europea a habilitación de novas axudas para o sector do vacún da carne tendo en conta a persistencia no tempo da suba dos prezos e do encarecemento dos custes de produción, así como habilitar unha nova liña de axudas por becerro sacrificado vinculado a vaca nutriz, é dicir, becerros cebados na mesma explotación de nacemento.

Así mesmo, solicitou ao Ministerio que defina unha metodoloxía de establecemento do coeficiente de admisibilidade de pastos arbustivos e pastos baixo arboredo acorde ao aproveitamento de moitas zonas de pastizal e de monte en Galicia que son utilizadas para o pastoreo do gando, que na actualidade quedan excluídas das axudas da PAC.

Por último, pediu que, mentres perduren as condicións de alza de prezos nas materias primas de alimentación e nos insumos de enerxía ou combustibles, así como a inflación e a crise económica, se demande á Comisión Europea que flexibilice, de forma temporal e mentres persistan estas circunstancias, as esixencias incluídas na condicionalidade reforzada para o cobro das diferentes axudas directas dentro da nova PAC.

Leer más:  El próximo sábado el alcalde recién elegido de A Estrada (Pontevedra) asumirá su puesto y el miércoles lo hará el alcalde de Guntín (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Parlamento pide ao Goberno central que acelere o proceso para regular a dispensación de medicamentos por parte de enfermeiros
Artículo siguienteO PP do Páramo urxe ao goberno local a solucionar os problemas co abastecemento de auga porque “hai vivendas que levan máis de 15 días sen auga”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.