Inicio lugo O PP de Castroverde esixe a Arias que xestione a adxudicación definitiva...

O PP de Castroverde esixe a Arias que xestione a adxudicación definitiva da recollida de lixo e que faga retirar os enseres domésticos acumulados nas parroquias

Castroverde, 26 de setembro de 2022. Ver durante semanas vellos enseres domésticos amontoados nalgúns núcleos de Castroverde, á espera de que pase a recollelos o servizo de limpeza, é un espectáculo nada edificante, que afea a imaxe do municipio e pon de manifesto a falta de eficacia na xestión do goberno municipal, presidido polo socialista José María Arias. O portavoz popular, Rubén Otero, sinala: “Ao alcalde todo lle dá igual, e, se non é así, fai moito para que pareza que é así. Levamos moito tempo denunciando que hai montóns de enseres domésticos en distintas zonas do municipio esperando que o servizo de limpeza pase a recollelos, e non pasa”.

Otero sinala: “O servizo de limpeza está nunha situación de provisionalidade, nun momento de transición. É necesario que o goberno municipal faga o que ten que facer para adxudicar de maneira definitiva, canto antes, o contrato da recollida de lixo, porque senón pasa o que está pasado agora, do que son boa mostra as moreas de enseres domésticos sen recoller dende hai semanas”.

O portavoz popular di: “No Concello fan caso omiso das chamadas dos veciños para ir recoller os enseres. Non fan nada. É un desinterese total, que non se xustifica pola provisionalidade do contrato da recollida de lixo; se nese contrato non está prevista a recollida dos enseres domésticos, haberá que facer a modificación, ampliación ou engadido que sexa necesario para levala a cabo”. Otero lamenta que o goberno municipal faga oídos xordos ás chamadas dos veciños.

Leer más:  ALERTA EN Lugo ante la plaga de cucarachas resistentes a insecticidas que ya podrían estar en tu casa

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP insta a Tomé a renovar o convenio da Deputación coa Xunta para os GES, co incremento económico necesario para garantir o mellor servizo aos lucenses
Artículo siguienteMuere un joven de 35 años cuando montaba la estructura de una atracción para las fiestas de San Froilán en Lugo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.