Inicio lugo O PP propón que o Concello de Vilalba desenvolva unha campaña de...

O PP propón que o Concello de Vilalba desenvolva unha campaña de apoio ao pequeno comercio para “dinamizar e reactivar o sector”

Vilalba, 25 de setembro de 2022. O Grupo Municipal Popular de Vilalba proporá no vindeiro pleno da corporación local que o Concello leve a cabo unha campaña de apoio ao pequeno comercio de Vilalba, establecendo unha partida económica axeitada, co obxectivo de dinamizar e reactivar o sector comercial”.

Os populares vilalbeses son conscientes de que a subida xeneralizada de prezos que está afectando a tódolos veciños e veciñas coloca aos pequenos negocios ou empresas nun punto crítico porque a demanda está cambiando debido a que os consumidores limitan os gastos aos produtos básicos. Neste caso, cren que “as administracións deben actuar de maneira áxil e eficiente, nun dos momentos más sensibles que vive o pequeno comercio vilalbés”.

A voceira do PP local, Sandra Vázquez, considera que “é necesaria a implicación do Concello de Vilalba de forma que se contribúa a incrementar o fortalecemento e a reactivación económica do comercio vilalbés, contribuíndo a paliar o impacto da actual situación económica”.

Vázquez explica que “o pequeno comercio, que debe estar en constante evolución, agora acelera o cambio ata un novo entorno minoritario. Os cambios sociais e económicos afectan a grandes e pequenos; pero algúns modelos de negocio son más resistentes que outros. Os comercios vilalbeses non son alleos a esta realidade e están a sufrir unha baixada nas vendas dos seus produtos aos que se suma un incremento dos gastos, como consecuencia da subida dos custes enerxéticos”.

Concello Doing Business

Tamén en relación á dinamización económica do municipio, os populares defenden a adhesión do Concello de Vilalba ao programa Doing Business dirixido a atraer inversións aos concellos adheridos. A figura de Concello Emprendedor recollida nun acordo entre a Xunta e a FEGAMP contempla distintos incentivos para a implantación empresarial.

Leer más:  Protestas en Mallorca tras la tala de 200 pinos históricos por construcción del Four Seasons en Pollensa

O goberno popular tiña iniciado no anterior mandato as xestións para a adhesión ao programa. En xaneiro do 2020 saía adiante por unanimidade no pleno municipal un acordo para realizar un estudo de valoración. Meses despois ante a pregunta do Grupo Municipal do Partido Popular, a señora alcaldesa dubidaba en poñer  en marcha esta iniciativa e, recentemente, o concelleiro de urbanismo admitía que proseguirían coas xestións para converterse en Concello Emprendedor. É por iso polo que os populares preguntarán no vindeiro pleno se o equipo de goberno socialista prevé seguir co expediente iniciado no anterior mandato para adherir o Concello ao programa Doing Business e se será antes de final deste ano 2022.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo en Lugo
Artículo siguienteAsí será el tiempo en los próximos días en Lugo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.