Inicio lugo O PP esixe a Tomé que deixe de discriminar aos veciños de...

O PP esixe a Tomé que deixe de discriminar aos veciños de A Fonsagrada e pavimente con aglomerado en quente a estrada LU-P 1906, entre A Fonsagrada e Ribeira de Piquín

Lugo, 22 de setembro de 2022. O goberno provincial non trata igual a todos os municipios da provincia, que é tanto como dicir que discrimina a algúns lucenses fronte a outros. É un feito que é así. Pero hai manifestacións que resultan especialmente significativas e dolorosas para os veciños afectados. O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, debeu renunciar hai xa moito tempo a exercer ademais a delegación de Vías e Obras, pero agora xa é inaprazable que renuncie a asumir a responsabilidade neste terreo. Así o entende o portavoz popular, Javier Castiñeira, á vista da discriminación a que someteu Tomé aos veciños de A Fonsagrada e de Ribeira de Piquín no amaño da estrada que comunica estes dous municipios. A diferencia do que fai a Deputación na maior parte das súas estradas, neste caso limitouse a parchear con rego asfáltico a calzada, en vez de pavimentar esta vía, como as outras, con aglomerado en quente. O portavoz popular no Concello de A Fonsagrada, Josín Regueiro, lamenta que o alcalde, Carlos López (PSOE), permita ao seu correlixionario Tomé tal discriminación dos veciños deste municipio.

O portavoz do Partido Popular na Deputación, sinala: “O grupo Provincial do PP visitou A Fonsagrada, xunto con voceiro do PP en este municipio, Josín Regueiro, para ver como quedaron os arranxos que se fixeron na estrada provincial LU-P 1906, entre A Fonsagrada e Ribeira de Piquín, cuxo mal estado denunciou o Partido Popular hai ano e medio aproximadamente. Nesta vía, a Deputación vén de gastar case 100.000 euros. E o desgusto é maiúsculo non só para o PP senón para todos os veciños, porque existe un agravio enorme con outras localidades, porque o único que se fixo foi un parcheado, con rego asfáltico, e non unha pavimentación completa con aglomerado en quente como se fai noutras localidades e como pedía o PP”.

Leer más:  Un hombre de 55 años fallece en un accidente entre un coche y un camión en Pantón (Lugo)

Castiñeira explica que a LU-P 1906 “é unha estrada de montaña, na que no inverno haberá xeo”, polo que é necesario que teña o mellor firme posible. Os populares pediran no seu día a instalación de biondas. Castiñeira explica: “Quedou moita grava solta, o que é un perigo para o tráfico, e as necesarias biondas instaláronse de tal maneira que estreitan moito a calzada e carecen da protección para motoristas; é unha situación totalmente inaceptable”. O portavoz popular anuncia: “O grupo provincial do PP, a petición do PP de A Fonsagrada, levará unha iniciativa ao pleno da Deputación para que se corrixa canto antes o actual estado da estrada e se fagan os arranxos como debe ser para a seguridade dos usuarios”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAsí será el tiempo en los próximos días en Lugo
Artículo siguienteO PP de Foz denuncia o estado de abandono no que se atopa a área recreativa de Río, e demanda que se roce a maleza e se reparen as mesas e as portas e ventás dos muíños
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.