Inicio lugo O PP denuncia que o Concello de Viveiro ten sen asignar máis...

O PP denuncia que o Concello de Viveiro ten sen asignar máis de mil horas mensuais do SAF subvencionadas pola Xunta, a pesar de que hai case 100 persoas en lista de espera

Viveiro, 22 de setembro de 2022. O demostrado déficit de xestión do goberno presidido pola socialista María Loureiro prexudica a todos os veciños de Viveiro en todos os ámbitos nos que ten competencia o Concello. É grave. Pero é moito máis grave cando o que está en xogo é a atención aos veciños con máis necesidades, como son as persoas dependentes. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, denuncia que o Concello ten adxudicadas pola Xunta unhas 6.000 horas mensuais subvencionadas de Axuda no Fogar e, dese total, ten máis de mil horas sen asignar, é dicir, das que este mes non poden aproveitarse as persoas dependentes. O máis grave é, sinala Rodríguez, que agora mesmo hai case 100 persoas en lista de espera, das que algunhas teñen recoñecidos os grados máis altos de dependencia.

Rodríguez sinala: “É inaudito que ocorra o que está pasando en Viveiro, que tendo dispoñibles horas subvencionadas pola Xunta de Axuda no Fogar non estean asignadas a pesar de que hai unhas 100 persoas en lista de espera. É unha mostra máis do fracaso total na xestión da alcaldesa Loureiro; é inexplicable, unha vergoña e un auténtico disparate, ademais dunha demostración da falta de preocupación da alcaldesa polos seus veciños”.

O portavoz popular lembra que a aportación do Concello por cada hora do SAF é de aproximadamente 4 euros. Óscar Rodríguez explica: “É dicir, para cubrir a súa parte nesas máis de mil horas que está desaproveitando, o Concello tería que aportar uns 5.000 euros, unha cantidade moi pouco relevante se a comparamos cos cartos que se destinan a outros fines moito menos xustificables”. O voceiro popular lembra que recentemente o Concello concedeu unha subvención de 15.000 euros a unha asociación de fóra de Viveiro para un espectáculo, no que ademais había que pagar entrada. “É indignante que ocorra o que está a ocorrer; no PP esiximos a Loureiro que se poña a traballar e que aproveite todas as horas do SAF que ten asignadas pola Xunta e que o faga dunha vez, porque o que está en xogo é o benestar de moitos veciños de Viveiro”.

Leer más:  Alerta sanitaria en Lugo por la venta de almendras cancerígenas de Estados Unidos

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Monforte urxe a Tomé a renovar o pavimento da rúa Doutor López Suárez, que polo seu mal estado crea risco para o tráfico e deteriora a imaxe da cidade
Artículo siguienteHerido un cazador al que le tuvieron que poner 52 grapas tras recibir el ataque de un jabalí en Lugo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.