Inicio lugo O PP de Monforte urxe a Tomé a renovar o pavimento da...

O PP de Monforte urxe a Tomé a renovar o pavimento da rúa Doutor López Suárez, que polo seu mal estado crea risco para o tráfico e deteriora a imaxe da cidade

Monforte de Lemos, 22 de setembro de 2022. O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, ben merece unha lixeira adaptación da canción de Jei Noguerol na que o cantautor pedía ao ministro o amaño da estrada que daba servizo ao seu pobo, porque para os veciños de Monforte a Rúa Doutor López Suárez reúne as mesmas condicións que aquela vía que protagonizaba o vello tema musical. Así, os afectados polo pésimo estado da rúa poden dicir alcalde onde na letra da canción é ministro e rúa onde día carretera: «Señor alcalde, por favor, amáñeme a rúa/que máis parece un camiño no que non se pode andar sequera». O grupo municipal do PP presentará unha iniciativa na próxima sesión plenaria para reclamar o amaño de dita vía de Monforte.

A portavoz popular, Katy Varela, explica que o pavimento da citada rúa ten grandes fendas e fochancas de todo tipo e tamaño, de tal maneira que resulta incómodo e incluso perigoso circular por ela. Nesta rúa atópase o cuartel da Garda Civil de Monforte e hai unha ampla zona que é utilizada como espazo de lecer especialmente polos nenos.

Varela di: “Ao alcalde de Monforte gústalle moito presumir de asfaltados, pero, ao parecer, só os acomete alí onde lle interesa politicamente. O caso é que unha rúa importante da cidade como é a do Doutor López Suárez está en condicións lamentables e inxustificables. Tanto por seguridade como pola imaxe da cidade, é preciso que o goberno local tome as medidas oportunas para renovar o firme desta vía”.

Os populares destacan que resulta chamativo que a rúa na que se atopa o cuartel da Garda Civil estea en tan mal estado como está. “Por moitos motivos hai que facer as necesarias obras de mellora do pavimento, pero aínda máis se temos en conta que é a rúa na que está o cuartel da Garda Civil”, sinala Katy Varela. Os populares reclaman a Tomé que acometa as obras de mellora dos firmes das rúas de Monforte fixando un plan de prioridades elaborado con criterios obxectivos.

Leer más:  Prioridad hídrica: el compromiso medioambiental de Marga Prohens en Baleares

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Foz denuncia o estado de abandono no que se atopa a área recreativa de Río, e demanda que se roce a maleza e se reparen as mesas e as portas e ventás dos muíños
Artículo siguienteO PP denuncia que o Concello de Viveiro ten sen asignar máis de mil horas mensuais do SAF subvencionadas pola Xunta, a pesar de que hai case 100 persoas en lista de espera
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.