Inicio lugo O Executivo de Lara Méndez insta á Corporación municipal a apoiar cun...

O Executivo de Lara Méndez insta á Corporación municipal a apoiar cun acordo plenario a necesidade de interpelar á Xunta para que finalice o Plan Paradai

A iniciativa pretende que o Goberno galego se posicione con claridade sobre o seu compromiso de concluír un proxecto crucial para o desenvolvemento urbanístico da cidade.

As alertas do incumprimento manifesto da Administración autonómica saltaban este verán logo dunhas declaracións da representante do PP en Lugo nas que afirmaba que desistían de rematalo ‘porque non daba réditos políticos’.

Con máis de dúas décadas de periplo, o único avance realizado nos últimos anos para desbloquealo foi a sinatura do convenio entre o Concello e CHMS para abordar o risco de inundación do río Rato na contorna da rúa Serra de Meira.

O Executivo de Lara Méndez buscará o apoio de toda a Corporación municipal no Pleno deste mes para facerlle chegar á Xunta de Galicia un acordo unánime que lle traslade a necesidade de respectar o seu compromiso para finalizar o Plan Paradai, logo de 23 anos de percorrido administrativo.

A iniciativa, segundo explicou a propia rexedora, pretende que o Goberno autonómico “se posicione con claridade sobre a vontade que ten de rematar un proxecto que resulta crucial para o desenvolvemento urbanístico da cidade e atender, así, outra das débedas históricas que mantén con Lugo”.

Méndez lembrou que o Plan Paradai naceu en 1999 ao abeiro dun convenio entre a Consellería de Política Territorial, a Deputación Provincial e o Concello co obxectivo, entre outros, de unir o Lugo separado pola vía do tren e humanizar a contorna da estación con novos viais e aparcamentos. “Mais, 23 anos despois, xa se ten convertido nun dos poucos plans urbanísticos que leven tanto tempo iniciados sen proxectos definidos que o conclúan”.

A rexedora sinalou a gravidade de que se trate dunha ordenación “imprescindible” e “que Lugo necesita con urxencia” para impulsar o seu crecemento nun momento de tanta complexidade e incerteza económica e social.

A mandataria lucense botou man da hemeroteca para aludir ao feito de que en febreiro de 2015, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante a supervisión das obras que, nese momento, se acometían na Ponte de Paradai, publicitara ‘o compromiso real e efectivo do Goberno galego coa cidadanía de Lugo e cunha das infraestruturas viarias – que xa recoñecía – máis significativas e importantes para a dinamización da cidade’. Porén, dende ese momento e ata hoxe ese compromiso real e efectivo da Xunta co Plan Paradai quedou circunscrito á inclusión nos orzamentos autonómicos dunha partida anual que ronda o medio millón de euros e que exercicio, tras exercicio, se vén repetindo porque nunca se chega a executar”, lamentou a alcaldesa.

Leer más:  Cuatro residentes de Vilalba (Lugo) están siendo investigados por intentar robar un inodoro de un hotel cerrado en Pobra de San Xiao

Lara Méndez fixo fincapé, precisamente, en que os únicos pasos dados até a data para desbloquear a situación de ancoraxe que sofre o Plan Paradai, “foron os realizados por este Concello da man da Confederación Hidrográfica coa finalidade de abordar o risco de inundación do río Rato na contorna da rúa Serra de Meira. Unha situación á que, este mes de agosto, se sumou a sorpresa de que unha representante do Partido Popular anunciara nunha entrevista que a Xunta de Galicia ía desistir da promesa dada co único argumento de que con esa actuación non obtiñan réditos políticos”.

Unha marcha atrás que, se ben, para Méndez xa clarifica os verdadeiros motivos polos que nunca chegou a investirse a consignación reservada nos orzamentos autonómicos ao efecto, “a este Goberno local preocupa profundamente ante o gravísimo prexuízo que esa decisión tería non só para a veciñanza da zona senón tamén para todo o municipio”.

“Non podemos esquecer que o Plan Paradai é, sen dúbida, unha ferramenta estratéxica para a nosa urbe, no que ten que ver coa reordenación e dinamización dos tráficos do norte de Lugo que suporá unha mellora cualitativa na conexión entre as Gándaras e o Sagrado Corazón co resto da cidade e fará máis fácil, como é o noso obxectivo, a vida da veciñanza da contorna que sofre, dende hai moitos anos, o efecto barreira que provoca a vía do ferrocarril, sen perder de vista tampouco as repercusións tan positivas que a finalización do Plan tería, en xeral, sobre a seguridade da poboación ao tempo que posibilitaría atallar a situación de deterioro que sofren varias vías da contorna e que son de titularidade autonómica, entre elas o enlace coa N-640”, apuntou a rexedora lucense quen tamén subliñou o feito de que o Concello de Lugo será, xunto co Adif, as dúas Administracións que financien, na súa integridade, a urbanización da nova Estación Intermodal e o paso que une estes dous barrios, ante a negativa da Xunta a cofinanciar estas obras.

Leer más:  Un hombre de 55 años fallece en un accidente entre un coche y un camión en Pantón (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP cre que Tomé teme que a sociedade lucense esixa participar na elaboración dos orzamentos do 2023, os máis altos da historia da Deputación
Artículo siguienteLa Xunta buscará impulsar la producción y el consumo de carne con una nueva estrategia del sector hasta 2030
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.