Inicio lugo O PP de Castroverde reclama a Arias que manteña unha liña aberta...

O PP de Castroverde reclama a Arias que manteña unha liña aberta de información continua aos empresarios locais sobre as licitacións do Concello

Castroverde, 20 de setembro de 2022. As obras e servizos municipais poden ser unha fonte de dinamización da industria local, e, por tanto, do impulso da economía de cada municipio. Para que as pequenas empresas locais poidan ter igual capacidade que as máis grandes do resto do país de optar ás licitacións do Concello, precisan ter acceso á información e para iso o goberno local ten que poñer os medios necesarios e ter vontade de facelo. Así o indica o portavoz municipal, Rubén Otero, á vista de que, pola información de que dispón, os empresarios de Castroverde que poderían estar interesados en participar na licitación para a ampliación do centro multiusos non tiveron coñecemento desta convocatoria ata que xa era tarde.

Otero lembra que no seu momento presentou no Concello unha iniciativa para que dende o organismo municipal se informe aos empresarios de Castroverde das convocatorias que puideran resultar do seu interese, O alcalde, o socialista José María Arias, fixo caso omiso da proposta popular, e así ocorre o que pasou coa licitación das obras de centro multiusos: só presentou oferta unha empresa. É de indicar que o orzamento de licitación da citada obra ascendeu a 508.264,46 euros.

O portavoz popular di: “Facilitar ás empresas información como a que pedimos é algo que fan moitos concellos; con só solicitalo, envían aos interesados información sobre as correspondentes convocatorias. É fácil, non require maior investimento e resulta de moita utilidade, tanto para as empresas como para o propio Concello. Para as empresas pequenas é moi complicado revisar cada día todos os boletíns oficiais”.

Otero sinala: “Esta é unha cuestión de vontade política. Só de vontade política. Parece que o señor Arias non está polo labor e é unha pena; eu animo ao alcalde a atender canto antes esta demanda do PP, que responde ao desexo dos empresarios de Castroverde”.

Leer más:  Crisis en Gestagua: directivos cesados por presunto fraude en documentos

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Lugo, 20 de septiembre de 2022
Artículo siguienteLa hostelería gallega prevé una reducción de ingresos de hasta “un 50 o un 60%” en el último trimestre del año
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.