Inicio lugo O PP faise eco da preocupación e das queixas de numerosos monfortinos...

O PP faise eco da preocupación e das queixas de numerosos monfortinos pola posta en servizo de cámaras de vixilancia na zona peonil do centro urbano

Monforte, 19 de setembro de 2022. A instalación de cámaras para o control de acceso a zonas de Monforte con restrición de circulación rodada xera dúbidas e queixas cidadáns das que se fan eco os concelleiros do Partido Popular. Os populares, que esperan que o Concello dispoña de todos os permisos necesarios para o uso deste sistema de vixilancia, constata que entre os cidadáns hai opinións moi críticas con este modelo. No PP din que tanto ou máis que no ámbito no que se instalaron, as cámaras son necesarias noutros puntos nos que con frecuencia se producen actos de vandalismo

A portavoz do PP, Katy Varela, considera que o alcalde, o socialista José Tomé, gasta cartos na videovixilancia do centro “cando dende o noso punto de vista , este investimento sería máis produtivo en zonas menos transitadas, como o paseo que vai a Piñeira, ou o paseo do Malecón, onde se producen actos de vandalismo que danan valos, papeleiras, farois, etcétera”. Os actos de gamberrismo esixen, di Varela, “investimentos para reparar todo o deteriorado; se estas zonas contaran con videovixilancia, evitaríase seguramente este gasto na reparación do esnaquizado”. Os populares sinalan que no ámbito no que se instalaron as cámaras no debería haber maior problema nin necesidade deste sistema se a Policía Local presta a este ámbito urbano a atención que merece. Os populares indican que estarán moi atentos a evolución deste asunto, para comprobar que non se trate dun intento de usar estes recursos tecnolóxicos con afán recadatorio.

Leer más:  Un incendio en la chimenea de una vivienda en Vilalba (Lugo) no deja heridos entre los presentes

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Lugo, 19 de septiembre de 2022
Artículo siguienteO PP avisa a Tomé de que non apoiará un orzamento que non tome en consideración o IPC, porque non quere que Lugo sexa a provincia de “Lo que el viento se llevó”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.