Inicio lugo O PP pide “coherencia” a Tomé tras opoñerse o PSOE á demanda...

O PP pide “coherencia” a Tomé tras opoñerse o PSOE á demanda da Xunta para formar e contratar máis médicos

Lugo, 17 de setembro de 2022.  O PP pide “coherencia” ao secretario xeral do PSOE en Lugo, José Tomé, que aproveitou un acto do seu partido con alcaldes para advertir da falta de persoal sanitario. Son unhas declaracións efectuadas, curiosamente, a mesma semana na que os socialistas veñen de votar en contra, no Pleno do Parlamento, das demandas da Xunta e doutras sete Comunidades Autónomas, que asinaron un manifesto pedindo ao Ministerio “poder formar e contratar máis médicos”.

Dende a dirección provincial do PP aseguran que «non hai agora mesmo na sanidade un problema máis urxente nin unha necesidade máis perentoria”. Por iso, explican, “debemos adoptar un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consenso as medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación”.

Galicia, din os populares, lidera esta petición na que se identifican seis medidas que son competencia do Ministerio de Sanidade: non deixar prazas desertas MIR; a creación da especialidade de para evitar o desprazamento de profesionais de medicina familiar e comunitaria; a ampliación do número de prazas de formación especializada; un plan extraordinario de formación; e a planificación rigorosa de futuro, entre outras.

Leer más:  Cuándo abren las piscinas en Lugo Estos son los horarios

- Te recomendamos -
Artículo anteriorHerido un camionero tras sufrir una salida de vía en Cervantes (Lugo)
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Lugo, 18 de septiembre de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.