Inicio lugo O PP lamenta que “pola falta de planificación do goberno local comezara...

O PP lamenta que “pola falta de planificación do goberno local comezara o curso sen contar con conserxe no colexio da Pastoriza”

A Pastoriza, 15 de setembro de 2022.O PP da Pastoriza lamenta que “unha semana despois de comezar o curso escolar 22/23, o colexio da Pastoriza continúe sen conserxe municipal”. Para os populares isto débese “á total falta de planificación por parte do goberno local que debería ter xa incorporado a unha persoa para desempeñar esa función”.

Os populares da Pastoriza entenden “as queixas de pais e nais de alumnado deste centro escolar por non dispoñer deste servizo” porque “todos sabemos que a comezos de setembro iníciase o curso escolar e, polo tanto, ten que estar incorporado o conserxe. Pero o Concello da Pastoriza aínda convocou o proceso de selección o 23 de agosto e fai uns días aínda se publicaba a lista provisional de admitidos ao concurso-oposición”. É dicir, “pasarán aínda máis semanas sen contar con conserxe no colexio”.

“Esta situación non é nova”, segundo manifestan dende o PP local. “O Concello da Pastoriza convoca cada ano unha praza de persoal laboral temporal para exercer as funcións de conserxe, pero hai cursos nos que tarda en convocar o proceso de selección e comezan as clases sen que se teña incorporado”.

Os populares explican que “o goberno local sabe que o proceso administrativo dura varias semanas, para respectar os distintos prazos administrativos, pero aínda así non xestionaron coa suficiente axilidade esta incorporación” de forma que “é a comunidade escolar o que sufre as consecuencias da mala xestión dos responsables do goberno municipal”.

Leer más:  Dos habitantes de Foz (Lugo) han sido detenidos por tráfico de drogas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs deputados populares piden participar na elaboración do orzamento da Deputación para 2023, para garantir o reparto obxectivo nun ano “con máis cartos que nunca”: 104 millóns
Artículo siguienteRescatado un operario tras caer 15 metros por un barranco con un vehículo de obra en Pedrafita (Lugo)
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.