Inicio lugo O PP de Viveiro pide respostas ao goberno local sobre o “estraño...

O PP de Viveiro pide respostas ao goberno local sobre o “estraño caso” do palco e das gradas que acabaron vendidos como chatarra sen apenas uso

Viveiro, 15 de setembro de 2022. Dicir que a capacidade de xestión da alcaldesa María Loureiro (PSOE) e o seu equipo aproxímase a cero é repetir o que xa coñecen todos os veciños de Viveiro. Pero, aínda así, Loureiro e os seus son capaces de superarse a si mesmos e seguir sorprendendo. Esta vez a conta do palco para as festas, polo que o Concello pagou no 2004 a considerable cantidade de 96.000 euros, e que acabou vendido como chatarra, ao igual que as gradas. O misterio envolve todo o relacionado con este equipamento e as explicacións ofrecidas polo goberno local na máis recente sesión plenaria só deixaron inquedanzas, preguntas sen resposta, polo menos por agora. Así o sinalan o portavoz popular, Óscar Rodríguez, e a concelleira Teresa Pérez, que esixen a Loureiro que aclare todas as dúbidas que xera a xestión municipal respecto a estes dous equipamentos.

O palco comprado no 2004 deixou de usarse no 2015. Agora, o goberno local confirma que o vendeu como chatarra. Pero non sabe canto recadou polo palco en si, porque foi vendido xunto con outros materiais. O mesmo pasa coas gradas, se ben neste caso, o misterio é aínda maior. Segundo o goberno local, da compra das gradas non hai constancia documental no Concello, carencia máis que sorprendente e nada tranquilizadora.

Á vista das circunstancias, son moitas as preguntas que se fan os populares, segundo indican Óscar Rodríguez e Teresa Pérez. Por exemplo, por que non explican os socialistas o motivo porque se deixou de usar un palco, que custou o que custou, con só unha década de uso? Por que, se pregunta, dende o 2015 se optou polo alugamento dos palcos. E tamén queren saber por que, se xa estaba tomada a decisión de non usalo, esperaron ata agora para vendelo como chatarra.

Leer más:  Cuándo abren las piscinas en Lugo Estos son los horarios

Rodríguez declara: “O das gradas é aínda máis sorprendente. Como é posible que non haxa no Concello constancia documental da súa compra?” A este respecto, destaca que os trámites para que a institución municipal efectúe compras están claramente regrados na lei, na normativa. No PP queren saber que pasou para que non quedara constancia desa compra. O portavoz popular e a concelleira Pérez indican: “Este asunto é unha demostración máis da incapacidade de xestión do goberno que preside María Loureiro, pero é algo máis; é unha sombra que ten que ser aclarada, porque hai moitas preguntas que teñen que ser respondidas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Lugo, 15 de septiembre de 2022
Artículo siguienteO PP de Foz insta ao Concello e a Portos a resolver o problema do talude na zona de O Curbeiro e abrir un segundo acceso ao aparcadoiro municipal
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.