Inicio lugo O PP de Foz insta ao Concello e a Portos a resolver...

O PP de Foz insta ao Concello e a Portos a resolver o problema do talude na zona de O Curbeiro e abrir un segundo acceso ao aparcadoiro municipal

Foz, 15 de setembro de 2022. O grupo municipal do PP, como ao longo de todo o mandato, segue no seu labor de oposición unha dobre liña: crítica da xestión do goberno local e propostas para mellorar a calidade de vida dos focenses e dos visitantes. Agora lanza unha nova proposta. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica que “dende o grupo municipal do PP, dentro da liña propositiva que levamos dende a oposición, anunciamos que presentaremos unha moción no próximo pleno da corporación instando tanto ao Concello como a Portos de Galicia a que solucionen o problema do talude e da súa contención na zona do Curbeiro”. Sinala: “É unha zona na que  o anterior goberno (PP) acondicionou un aparcadoiro municipal, grazas a un acordo cos propietarios; é o máis grande aparcadoiro municipal e está céntrico. Permite estacionar para desprazarse á zona comercial, moi cerca da avenida de A Mariña, moi cerca tamén do colexio Martínez Otero e do porto, onde se celebra o mercado semanal”.

Os populares din que “é moi necesario resolver ese talude, o que permitiría dar finalidade a Rúa do Curbeiro, que está sen rematar; poderíase facer un segundo acceso para vehículos, non peonil e perigoso como é a día de hoxe”. Engade: “Ese aparcadoiro será moito máis útil con dúas entradas que con só unha como ten hoxe, pola praza Salgado Toimil. Ademais de mellorar a viabilidade melloraría tamén a seguridade viaria na rúa pola que se accede ao porto, que é moi estreita”.

Castiñeira sinala: “Entendemos que é unha obra moi necesaria e por iso queremos involucrar aos afectados: ao Concello, que quere integrar o Camiño do Curbeiro no inventario de camiños públicos e Portos de Galicia que é propietario das parcelas que colindan, onde está a depuradora e a nave de obras do Concello. Esperamos o apoio de todos os grupos, porque é unha obra moi necesaria, que facilitaría a mobilidade no noso concello”.

Leer más:  Este sábado la ciudad de Lugo se ve afectada por una mala calidad del aire debido a la contaminación de una fábrica

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Viveiro pide respostas ao goberno local sobre o “estraño caso” do palco e das gradas que acabaron vendidos como chatarra sen apenas uso
Artículo siguienteOs deputados populares piden participar na elaboración do orzamento da Deputación para 2023, para garantir o reparto obxectivo nun ano “con máis cartos que nunca”: 104 millóns
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.