Inicio lugo O PP demanda ao Goberno de Sánchez que «non deixe fóra ao...

O PP demanda ao Goberno de Sánchez que «non deixe fóra ao sur da provincia de Lugo nos Presupostos para o 2023»

Monforte de Lemos, 11 de setembro de 2022. O PP da zona sur da provincia de Lugo demanda ao Goberno central, agora que está a preparar as contas do vindeiro ano, que “nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2023 non deixe fóra as importantes infraestruturas e servizos da zona” como é o caso da mellora da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense para a que piden “a inversión suficiente para garantir o remate destas obras”. Nese sentido, piden ao PSOE lucense “altura de miras para defender os intereses de Lugo e os lucenses; non a Sánchez como fan sempre”.

Asi o manifestaron nunha reunión de traballo recente, celebrada en Monforte, encabezada polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda; ademais da presidenta provincial, Elena Candia, o vicepresidente Francisco Conde, o secretario xeral, Javier Nodal, alcaldes, deputados e senadores e que serviu para escoitar as demandas dos representantes locais, analizar as principais necesidades da zona e trazar as liñas do traballo a desenvolver nos vindeiros meses.

Os populares condenaron unha vez máis que “o Goberno de Sánchez desconecta Galicia e marxina á provincia de Lugo, que queda descolgada en materia de comunicacións”. Concretamente, en relación aos servizos ferroviarios, “a nosa provincia atópase sen conexión á alta velocidade, con atrasos nas obra de mellora da vía entre Lugo e Ourense e sen recuperar a oferta suspendida coa escusa da pandemia”.

O PP lucense esixe “o investimento necesario para ver rematadas as obras despois de que o ano pasado unicamente se licitaran 382 millóns e só foran adxudicados 221 dos 546 contemplados nos PGE”. Con todo, xa tiña advertido que trala retirada, por parte do Goberno de Sánchez, da construción das variantes de Rubián (Bóveda) e Os Peares do proxecto de mellora na liña entre Lugo e Ourense, a provincia quedará excluída da alta velocidade porque non se acortarán os tempos de viaxe.

Leer más:  Prioridad hídrica: el compromiso medioambiental de Marga Prohens en Baleares

Os populares incidiron tamén en demandar, como teñen feito en Madrid, o restablecemento da totalidade das liñas canceladas durante a pandemia, tal e como se comprometera o Goberno de Sánchez nunha resposta a unha pregunta dos senadores lucenses. “Lamentablemente os incumprimentos de Sánchez con Galicia e coa nosa provincia non nos sorprenden. O seu grao de compromiso é do 0%. Xa puidemos comprobar que os trens Avril tampouco chegaron a Galicia no mes de xullo como tiña anunciado”, subliñan.

Desconectados tamén por estrada

O PP lucense lembra tamén os atrasos nos proxectos de construción das autovías na provincia. Concretamente, neste caso, citan “o atraso na construción da A-76 ou a falta de impulso da A-56”. Os populares tamén amosaron a súa preocupación polo derrubamento do viaduto da A-6 que supón “importantes prexuízos para a provincia de Lugo” e urxen ao Goberno central a “informar do que sucedido e buscar solucións efectivas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Lugo, 11 de septiembre de 2022
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Lugo, 12 de septiembre de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.