Inicio lugo O PP expresa a súa vontade de colaborar para deseñar un orzamento...

O PP expresa a súa vontade de colaborar para deseñar un orzamento consensuado na Deputación para o próximo ano, para afrontar “tempos diferentes e complexos”

Lugo, 7 de setembro de 2022. En todos os ámbitos institucionais, o PP ten sobradamente demostrada a súa vontade de traballar para sumar a favor dos intereses dos lucenses. Así ocorre tamén na Deputación, e, nesta liña de traballo dos populares, o portavoz na Deputación, Javier Castiñeira, lanza, un ano máis, unha oferta de diálogo para consensuar o orzamento do organismo provincial para o ano que vén, co fin de que se adapte aos “tempos diferentes e complexos” que corren e que aínda están por vir. Así, anuncia: “Terá o apoio do PP se quere elaborar uns orzamentos consensuados, que sirvan para pasar estes tempos diferentes e complexos e que contemplen as circunstancias que están penalizando aos lucenses e a todos os concellos; se é así, aí estará o Partido Popular”.

Castiñeira sinala: “Queremos dicirlle a José Tomé que se centre e que aproveite o tempo que lle queda como presidente da Deputación, porque é probable que dentro duns meses deixe de selo. É importante aproveitar estes últimos meses para facer a vida más fácil aos lucenses. Vivimos tempos complexos e diferentes e en tempos diferentes debemos tomar medidas diferentes ás que vén adoptando o goberno da Deputación de Lugo”.

O PP indica que, “na idea de seguir sumando, ofrécese de novo para traballar nos orzamentos provinciais, esta vez nos do final de lexislatura e de principios da seguinte”. Por iso, di Castiñeira, “con máis motivo, deben ser consensuados por toda a corporación; seguramente este equipo de goberno non vai ser o mesmo que inicie a próxima lexislatura, e por iso é necesario que centremos toda a atención política no benestar e en facilitar as cousas aos lucenses”.

Castiñeira di “ao señor Tomé que se deixe de politiqueos baratos e de criticar á nosa presidenta provincial e candidata a alcaldía de Lugo e que se centre en Monforte e na Deputación de Lugo”. A oferta de colaboración do PP ten unha condición: “Sempre e cando o presidente Tomé estea centrado, centrado nas súas obrigas como presidente da Deputación e non única e exclusivamente como secretario xeral do Partido Socialista de Lugo”.

Leer más:  La titularidad de la única casa de Barcela, con 300 hectáreas de monte vecinal, crea controversia en Negueira (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Castroverde denuncia deficiencias na recollida de enseres domésticos nas parroquias
Artículo siguiente“Burela xa non dispón de bandeiras azuis nos seus areais pola ineficacia do goberno local”, segundo indican os populares
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.