Inicio lugo O PP de Castroverde denuncia deficiencias na recollida de enseres domésticos nas...

O PP de Castroverde denuncia deficiencias na recollida de enseres domésticos nas parroquias

Castroverde, 6 de setembro de 2022. A recollida de lixo e a limpeza das rúas son dos servizos fundamentais, que teñen un peso decisivo na calidade de vida dos veciños. O goberno municipal de Castroverde, presidido polo socialista José María Arias, pilotou a adxudicación da recollida de lixo, pero, como xa ten acreditado anteriormente, a xestión do servizo, á vista dos resultados, non parece importarlle moito. Así o sinala o portavoz popular, Rubén Otero, que denuncia que en varios puntos de Castroverde hai enseres domésticos amontoados, esperando que a empresa concesionaria efectúe a recollida.

Otero di: “Ao alcalde de Castroverde gústalle moito externalizar os servizos, porque debe pensar que desta maneira líbrase de preocupacións. Pero non é así; o goberno local ten a responsabilidade de como funcionan os servizos, os preste directamente o concello ou por medio dunha empresa, como é este caso”. Lembra que a empresa concesionario da recollida de lixo ten a obriga de efectuar tamén a recollida de enseres domésticos.

O portavoz popular destaca que aos socialistas, alí onde gobernan, éncheselles a boca falando do medio ambiente, pero, á hora da verdade, a súa preocupación por este asunto é nula. Otero indica que “así se ve co que está pasando coa recollida de enseres”. Destaca que este problema, entre outros puntos do municipio, dáse en Miranda. Rubén Otero tamén explica que o núcleo urbano de Castroverde está sucio, porque non se leva a cabo con frecuencia o barrido das rúas. “É hora de que o alcalde e todo o equipo de gobernan entendan que as rúas hai que barrelas con frecuencia, por salubridade e por imaxe da vila”, di o portavoz popular.

Leer más:  Cuándo abren las piscinas en Lugo Estos son los horarios

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Foz denuncia que a mala xestión de Cajoto causa retrasos de meses na concesión de licencias de obras e insta á Deputación a redobrar o persoal en Cooperación
Artículo siguienteO PP expresa a súa vontade de colaborar para deseñar un orzamento consensuado na Deputación para o próximo ano, para afrontar “tempos diferentes e complexos”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.