Inicio lugo O PP de Pol denuncia a mala conducta do alcalde ante os...

O PP de Pol denuncia a mala conducta do alcalde ante os seus propios veciños

Pol, 24 de agosto de 2022.  Desde o PP de Pol denúnciase unha vez máis as malas actitudes e conductas por parte do alcalde aos propios veciños do municipio. Comportamentos que “son inadmisibles e están danando a imaxe do concello” aseguran os populares.

O pasado 1 de agosto unha parella nun bar preguntoulle cal era o o protocolo ante un can abandonado que había na praza en Mosteiro. A súa resposta foi dicir que non era a súa competencia e pasar absolutamente dun problema que cada vez é máis común no municipio.

Actitude reiterativa

Para o grupo municipal popular “é inadmisible que o alcalde volva a recurrir a accións indesexables para resolver problemas”. Os populares refírense ao altercado entre o alcalde e un aficionado do Portomarín nun partido de fútbol, onde houbo agresións violentas por parte do edil.

Desde o PP de Pol piden ao PSdG que tome medidas serias nas súas políticas, “empezando por condenar de novo a actitude do alcalde”, pois o concello de Pol está asumindo as consecuencias dos comportamentos intolerables do seu representante.

Leer más:  El dueño de un caballo que permaneció atado y sin comida durante varios días en una finca en Lugo ha sido denunciado

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRouco: “Llano asume os postulados do PP e exponos á veciñanza como propios, como é o caso do proxecto da estación depuradora de augas residuais”
Artículo siguienteO PP de Viveiro insta a María Loureiro a adoptar de inmediato as medidas precisas para dotar de saneamento ás casas de As Aceas que verten directamente á ría
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.