Inicio lugo O PP de Lourenzá critica a Rocío López pola contratación dos traballos...

O PP de Lourenzá critica a Rocío López pola contratación dos traballos de roza a empresas privadas, a pesar de que o Concello ten máquinas e operarios para facer este traballo

Lourenzá, 24 de agosto de 2022. O Partido Popular de Lourenzá lamenta que, unha vez máis, a falta de previsión e planificación polo goberno municipal presidido pola socialista Rocío López xere problemas aos veciños e supoña un incremento de custos ao Concello. Os populares refírense esta vez á campaña de roza que leva a cabo o Concello, mediante a contratación deste servizo, a pesar de que dispón de maquinaria para acometer estes traballos.

O PP de Lourenzá pregúntase por que tendo o Concello as ferramentas e os traballadores necesarios para levar a cabo a campaña de roza é necesario recorrer a contratación de empresas externas para facer este labor.

Os populares destacan que, desta maneira, os veciños teñen que pagar, por un lado, a maquinaria que se mercou para facer os desbroces e, por outro,  pagar a empresas para que fagan ese traballo.

No PP din que a explicación, a resposta as preguntas expostas, está na mala planificación do traballo. Os populares consideran que é mellor revisar as distintas zonas e planificar as rozas con tempo, para non verse na necesidade de facelo a semana previa ás festas patronais.

Leer más:  ¿Cuándo es el útimo día de clases en Lugo? El calendario que necesitas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Viveiro insta a María Loureiro a adoptar de inmediato as medidas precisas para dotar de saneamento ás casas de As Aceas que verten directamente á ría
Artículo siguienteOs deputados do PP por Lugo reclaman ao Goberno que explique que medidas pensa adoptar para evitar novas situacións de caos de tráfico en Pedrafita, polo desvío da A-6
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.