O Grupo Popular destaca que “o consultorio de Parga xa está recuperando a actividade de forma progresiva”

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2022. O voto favorable do Grupo Popular facilitou o acordo na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia sobre o consultorio de Parga porque “xa se está cumprindo coa súa apertura de forma progresiva” e, polo tanto, “o BNG chega tarde coa súa reclamación” segundo destacou a deputada lucense e voceira de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Encarna Amigo.

A popular incidiu en que “o consultorio de Parga nunca correu ningún perigo de peche” porque “o compromiso coa súa continuidade é firme e así foi trasladado aos veciños en varias reunións”. De feito, “está recuperando a súa actividade asistencial de forma progresiva, pouco a pouco, ata chegar á normalidade”. O consultorio reabriu o pasado 4 de outubro prestando servizo martes e xoves e, a partir do luns día 24, a atención aumentarase dos dous aos catro días por semana. “Hoxe, por exemplo, no consultorio de Parga hai un médico, unha enfermeira e un PSX atendendo os veciños con normalidade”, apuntou.

Amigo destacou que “a sanidade galega está en boas mans” e puxo como exemplo a boa xestión durante a pandemia da covid cando tomaron “decisións valentes” que fixo que “a nosa comunidade pasara a crise con maior fortuna”. Nese sentido, considera que “con moi bo criterio”, os xestores do Sergas decidiron no seu momento centralizar a Atención Primaria do municipio no centro de saúde de Guitiriz trasladando os dous médicos con praza en Parga para “atender con seguridade aos seus pacientes” porque “as instalacións do centro asistencial de Parga non permitían establecer o dobre circuíto para a circulación de persoas -por unha banda, aquelas con sospeita de covid e, por outra, os usuarios habituais- recollido no protocolo de prevención”.

Nese momento, a xerencia da área sanitaria explicaba que o consultorio de Parga se volvería a abrir para poder atender aí aos doentes da localidade e das catro parroquias da súa contorna “cando se resolvera a situación máis aguda do estado pandémico. E agora está funcionando, tal e como nos comprometemos”, subliña a deputada lucense.

Un Goberno para todos

Amigo incidiu tamén en que “o Partido Popular é un partido de goberno, un partido serio que está sempre ao carón da xente. Somos plenamente conscientes das características e necesidades dos pobos pequenos e tamén da necesidade de fixar poboación no rural. Sabemos que os servizos son fundamentais para fixar poboación no rural e o Partido Popular sempre vai estar gobernando para todos”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Besteiro (PSdeG) insta a la Xunta a incrementar su esfuerzo para no desaprovechar oportunidades en empleo e industria

LUGO, 1 (EUROPA PRESS) El secretario xeral del PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, ha reclamado…

2 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 1 de mayo de 2024

Durante la mañana en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Por la…

11 horas hace

La causa que involucraba a Mañueco como investigado por una entrada para ver al Real Madrid ha sido archivada en Lugo

El juez concluye que no hay indicios de delito en la pieza separada derivada de…

21 horas hace

La Premier League sigue el ejemplo de LaLiga y pone en marcha su control económico tras años de un modelo a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

23 horas hace

El paisaje del olivar genera un auge en la oferta de alojamiento en pueblos de toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

1 día hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

1 día hace

Esta web usa cookies.