140 veciños e veciñas de seis concellos viaxan esta semana co programa Coñece a túa provincia | Deputación de Lugo

Veciñas e veciños de seis concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Lugo, Ribas de Sil, Vilalba, Chantada, Cospeito e O Páramo as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes, a Asociación de Veciños de Lugo Lucus Augusti e a Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva Remeite de San Clodio viaxan este martes á Montaña e á Mariña, respectivamente. O grupo de Lugo comezou a súa viaxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, antes de continuar a súa ruta cara A Fonsagrada e Negueira de Muñiz para descubrir a Seimeira de Vilagocende, o museo comarcal e unha adega. Os de Ribas de Sil coñeceron a Granxa Gayoso Castro da institución provincial para logo poñer rumbo a Cervo para visitar a fábrica de Sargadelos, o paseo dos namorados e a vila de San Cibrao.

O mércores, ao ser festivo nacional, non haberá viaxes. As visitas volven o xoves cando a Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Ínsua, de Vilalba, emprenda ruta dende as instalacións provinciais do Mazo de Santa Comba. Unha vez feita a visita guiada dirixiranse cara Quiroga para visitar o Museo Xeolóxico da localidade e o Xeomiradoiro de Campodola. Ademais, visitarán unha adega e o castelo de Torrenovaes. Este xoves tamén participa no programa a Asociación de Veciños e Veciñas San Juan da Alameda, de Chantada, que coñecerá o funcionamento do Centro de Produción Audiovisual da Deputación, en Lugo, para despois coller rumbo cara A Mariña para mergullarse nos enclaves turísticos de Cervo. O venres, será a quenda da Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, de Cospeito, que tamén visitará o Mazo de Santa Comba e seguirá por Taboada e Chantada. Dende O Páramo participará o colectivo Aldea Nosa, que iniciará a súa viaxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, e logo desprazaranse ata Quiroga.

Na segunda edición do programa Coñece a túa Provincia, que comezou na primavera, xa se beneficiaron máis de 2.000 persoas. Este outono son 55 as asociacións e colectivos lucenses os que contan coas súas reservas para viaxar pola provincia ata o mes de novembro.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 28 de abril de 2024

Para el día de hoy en Lugo habrá cielos nubosos con lloviznas generalizadas. Con respecto…

17 horas hace

Importancia de la banca rentable: palabras de Gonzalo Sánchez de PwC España

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

1 día hace

La botadura de los ac75 revela los secretos e innovaciones de los equipos de la America’s Cup

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

1 día hace

Asempleo urge consenso para reducir accidentes en el trabajo

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

1 día hace

Familias españolas eligen a Grupo Albia como la funeraria más destacada, muestra el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

1 día hace

La compañía Holaluz al borde de cerrar importantes préstamos

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

1 día hace

Esta web usa cookies.