O Parlamento debate a nova Lei que busca cubrir as prazas vacantes no Hospital da Mariña e nos centros de saúde do rural

Lugo, 26 de setembro de 2022. O deputado popular José Manuel Balseiro explicou que este martes inicia a súa tramitación, cun primeiro debate e votación no Pleno do Parlamento, a nova Lei, impulsada polo Goberno galego, que estenderá a provisión por concurso de méritos ás prazas de difícil cobertura en atención primaria, hospitais comarcais e saúde mental. Son medidas, propostas pola Xunta, para animar aos médicos a que veñan a traballar a hospitais como o da Mariña lucense e a centros de saúde de contornas rurais,  onde en demasiadas ocasións quedan prazas vacantes.

“A norma garante que especialistas coma traumatólogos, radiólogos ou internistas que queiran traballar nun hospital comarcal ou os especialistas en saúde mental, opten a cubrir as prazas baleiras e poidan facelo nun proceso moito máis áxil. Este persoal poderá, de xeito extraordinario, acceder a unha praza en propiedade por concurso de méritos”-explica Balseiro

A Xunta opta por tomar medidas lexislativas extraordinarias para intentar solucionar, polo menos en parte, o déficit de médicos, unha situación que afecta a todas as comunidades autónomas. “Galicia non se queda de mans cruzadas aínda que continúa sen cumprirse por parte do Goberno de España a reforma da normativa estatal básica para conseguir máis profesionais”-indicou o deputado.

O debate desta lei tamén servirá, segundo Balseiro, “para retratar ao socialistas e nacionalistas, dous partidos políticos moi dados a queixarse e recoller firmas cada vez que hai dificultades na sanidade pública, pero que despois non apoian ás medidas que impulsa a Xunta para poder formar e contratar máis médicos, cando hoxe é, todos coincidiremos, o principal problema do sistema público de saúde”.

Atención primaria, hospitais comarcais e saúde mental

A lei en tramitación parlamentaria abrangue o persoal facultativo especialista dos hospitais dos distritos sanitarios de A Mariña, Cee, A Barbanza, Monforte de Lemos, Verín, O Barco de Valdeorras e O Salnés.

En segundo lugar, atinxe o persoal da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, creada pola Lei de acompañamento dos orzamentos de 2021, e o persoal de pediatría de atención primaria.

Finalmente, inclúese o persoal facultativo/a especialista de área en psiquiatría e psicoloxía clínica e enfermeiro/a especialista de saúde mental necesario para o desenvolvemento do Plan de saúde mental de Galicia 2020-2024

A normativa recolle tamén outros incentivos para o persoal que cubra as prazas de difícil cobertura na atención primaria e en determinados hospitais comarcais, como un acceso máis rápido ao máximo grao da carreira profesional sanitaria ou unha valoración extraordinaria do tempo de servizos prestados nestes postos á hora de computar méritos en procesos selectivos ou concursos de traslados, así como a priorización da súa participación en actividades formativas e proxectos de investigación.

Co obxecto de que o sistema garanta o obxectivo de cobertura asistencial destas prazas de difícil cobertura, a norma establece a obrigatoriedade da incorporación efectiva e permanente ao servizo activo do persoal que obteña praza a través destes concursos de méritos, así como a necesidade de permanecer un mínimo de dous anos en situación de servizo activo no posto adxudicado antes de optar a un concurso de traslados ou a outro sistema de promoción interna.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 29 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Lugo habrá cielos nubosos. Por la tarde se prevén…

5 horas hace

Lugo: Qué tiempo va a hacer en el puente de mayo

¿Cómo estará el tiempo en Lugo durante el próximo puente de mayo? Los expertos advierten…

10 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 28 de abril de 2024

Para el día de hoy en Lugo habrá cielos nubosos con lloviznas generalizadas. Con respecto…

1 día hace

Importancia de la banca rentable: palabras de Gonzalo Sánchez de PwC España

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

2 días hace

La botadura de los ac75 revela los secretos e innovaciones de los equipos de la America’s Cup

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

2 días hace

Asempleo urge consenso para reducir accidentes en el trabajo

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

2 días hace

Esta web usa cookies.