O PP espera que PSOE e BNG apoien na Deputación a súa moción para instar ao Goberno a defender á frota fronte as limitacións impostas por Bruxelas á pesca de fondo

Lugo, 23 de setembro de 2022. O Grupo Provincial do PP presentou o pasado mércores, 21, na Deputación unha moción en defensa da pesca de fondo, un día antes de que socialistas e nacionalistas rexistrasen as súas respectivas proposicións sobre este mesmo tema. Así o indica o portavoz popular, Javier Castiñeira, que deu a coñecer hoxe a moción do seu grupo dende Celeiro, en compañía do patrón maior da cofradía, Domingo Rey, que é ademais vicepresidente de Porto de Celeiro.

Castiñeira sinala: “O grupo provincial do PP anuncia que temos presentada unha moción para o próximo pleno da Deputación para pedir o apoio máximo ao sector da pesca do Goberno do Estado, do Ministerio de Agricultura e Pesca, no problema que ocasiona a aplicación do novo regulamento de Pesca de Fondo da Comisión Europea, que elimina 87 caladoiros; algúns deles afectan directamente aos portos de Celeiro e Burela, pero tamén hai barcos prexudicados noutros portos Son moitos os barcos que se ven afectados pola eliminación deses caladoiros, moitos os postos de traballo, centos de familias que se verán prexudicadas”.

Os populares son “conscientes de que a Deputación de Lugo é administración local, pero cremos que é o ámbito adecuado para buscar o apoio dos 330.000 lucenses ao sector da pesca, que se debe sumar ao apoio da Xunta de Galicia para tratar de que o Goberno de España chegue ata as últimas posibilidades, incluída a Xustiza europea, para defender os intereses da nosa frota”.

Castiñeira explica: “A eliminación de certos caladoiros para a pesca de fondo é absolutamente inxusta e non está razoada con informes técnicos. A frota galega, a frota de A Mariña, é especialmente coñecida polo coidado na sostibilidade das especies, con calidade moi alta. Non podemos ser prexudicados unha vez si e outra tamén, porque ao final vai en contra do crecemento da nosa frota. A crise enerxética afecta directamente aos nosos armadores e ao sector en xeral e non pode aguantar novos golpes”. No PP están “totalmente concienciados para defender a nosa frota e así o faremos no próximo pleno da Deputación”. Os populares esperan o apoio do resto dos grupos.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Besteiro (PSdeG) insta a la Xunta a incrementar su esfuerzo para no desaprovechar oportunidades en empleo e industria

LUGO, 1 (EUROPA PRESS) El secretario xeral del PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, ha reclamado…

18 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 1 de mayo de 2024

Durante la mañana en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Por la…

1 día hace

La causa que involucraba a Mañueco como investigado por una entrada para ver al Real Madrid ha sido archivada en Lugo

El juez concluye que no hay indicios de delito en la pieza separada derivada de…

2 días hace

La Premier League sigue el ejemplo de LaLiga y pone en marcha su control económico tras años de un modelo a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

El paisaje del olivar genera un auge en la oferta de alojamiento en pueblos de toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

2 días hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

2 días hace

Esta web usa cookies.