O PP de Foz denuncia o estado de abandono no que se atopa a área recreativa de Río, e demanda que se roce a maleza e se reparen as mesas e as portas e ventás dos muíños

Foz, 22 de setembro de 2022. A estas alturas está máis que demostrado o desinterese do goberno municipal de Foz polas parroquias rurais e, sinaladamente, polas áreas recreativas. Así o denunciou reiteradamente o grupo popular, que, de novo, ten que facerse eco das queixas dos veciños do rural, esta vez dos de Río. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “O Partido Popular de Foz quere denunciar o estado absolutamente asilvestrado no que se atopa a área recreativa de Río. Segundo aseguran os veciños e puidemos comprobar, está chea de maleza; dá pena ver neste estado de abandono unha área recreativa tan bonita, que incluso é etnográfica, na que se recuperaron hai tempo os muíños e se instalaron mesas, que están agora cubertas pola maleza”.

Os populares destacan que moitas das mesas están rotas, igual que as portas e ventás dos muíños, de maneira que “incluso pode ser perigoso que entre xente sen ter o permiso do Concello”.

Castiñeira sinala: “É lamentable como  ten as parroquias o equipo de goberno. Este é un exemplo máis; só hai que mirar pola zona dos núcleos rurais de San Martiño, Río, Vilacendoi e incluso Xinzo, que foron ás últimas nas que se levou a cabo a roza. A proba máis grave é  esta área recreativa, que segundo os veciños, estivo neste estado todo o verán”. Dende o PP piden “ao goberno local que faga levar a cabo os necesarios traballos de roza e que busque unha partida para a reposición do mobiliario e para arranxar as portas e ventás dos muíños. Todas as áreas recreativas son importantes. No caso da de O Carme estivo abandonada ata pouca antes de celebrar as festas nesta parroquia”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 7 de mayo de 2024

Para las primeras horas del día en Lugo habrá más nubes que claros. Por la…

4 horas hace

España ve incremento en inversión extranjera a través de Laliga

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

17 horas hace

El rol de las empresas tecnológicas chinas en la recolección de datos globales bajo escrutinio

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

18 horas hace

La preferencia de los pacientes posiciona a la Fundación Jiménez Díaz como líder en alta complejidad en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

18 horas hace

Conductor en Lugo es detenido por quintuplicar el límite de alcoholemia

Este pasado fin de semana, la Policía Local de Lugo ha intervenido a un conductor…

20 horas hace

¡Descubrimiento impactante junto al río! Encuentran cuerpo sin vida de hombre desaparecido en Sarria, Lugo

En un suceso estremecedor, las autoridades pertinentes han localizado el cuerpo sin vida de un…

23 horas hace

Esta web usa cookies.