O PP de Vilalba urxe ao goberno local sacar a licitación o contrato de recollida do lixo para “atender as necesidades da vila e das parroquias e ofrecer un bo servizo”

Vilalba, 14 de setembro de 2022. O Grupo Municipal Popular de Vilalba urxe ao goberno local a sacar a licitación o contrato de recollida do lixo e limpeza viaria “que atenda as necesidades da vila e das parroquias e, polo tanto, ofreza un bo servizo aos vilalbeses”. Os populares volven esixir “pasos firmes” nese sentido ante “a incomodidade que xera aos veciños o deficiente servizo”. De feito, “son moitas as queixas que nos trasladan pola falta de recollida e a acumulación de lixo: algúns contedores botan días cheos e nalgúns lugares non se realiza a recollida durante semanas”, expón a voceira, Sandra Vázquez.

A popular explica que “está a piques de cumprir dous anos caducado sen que o goberno local socialista fixera nada por sacalo a licitación. É máis, a alcaldesa comprometérase no pleno de setembro do 2020 a sacar a licitación o novo contrato nese mesmo ano, pero seguimos sen saber nada a pesar das reiteradas ocasións nas que solicitamos información sobre o procedemento que permita a prestación do servizo dende a legalidade administrativa”.

O Grupo Municipal esixe, polo tanto, unha solución efectiva a un problema relacionado cos servizos aos veciños e, ao mesmo tempo, a correcta xestión dende o punto de vista administrativo.

Os populares xa advertiron en abril de que “algunhas rúas, coma a rúa Cotarón, Plácido Peña ou a rúa da Feira pasaban varios días sen limpar”. Agora, “os veciños trasladáronnos as súas queixas sobre as importantes deficiencias no servizo de recollida de lixo nas diferentes parroquias coma Alba, Codesido, Oleiros, Román, Goiriz, Árbol ou Ínsua”. E apuntan que “durante este verán a imaxe da vila era lamentable debido ao abandono por parte do goberno local socialista. É inadmisible a falta de limpeza, eliminación da maleza e mantemento das rúas e espazos municipais”.

Promesas incumpridas

Vázquez condena “as promesas incumpridas e total falta de xestión por parte do PSOE” tendo en conta que o goberno local tamén se comprometera a elaborar os orzamentos municipais nos pasados exercicios, pero nin sequera presentaron ningún borrador nos tres anos que levan á fronte do Concello”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 28 de abril de 2024

Para el día de hoy en Lugo habrá cielos nubosos con lloviznas generalizadas. Con respecto…

7 horas hace

Importancia de la banca rentable: palabras de Gonzalo Sánchez de PwC España

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

14 horas hace

La botadura de los ac75 revela los secretos e innovaciones de los equipos de la America’s Cup

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

15 horas hace

Asempleo urge consenso para reducir accidentes en el trabajo

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

15 horas hace

Familias españolas eligen a Grupo Albia como la funeraria más destacada, muestra el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

15 horas hace

La compañía Holaluz al borde de cerrar importantes préstamos

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

23 horas hace

Esta web usa cookies.