O PP de Samos insta a Julio Gallego a xestionar coa Confederación Hidrográfica a limpeza do río Sarria, para evitar que os arbustos danen a parede do mosteiro

Samos, a 14 de setembro de 2022. Os gobernos locais non só teñen que asumir as competencias que lles son propias, en cada caso, para a conservación e promoción do patrimonio histórico e cultural; teñen tamén a obriga de permanecer vixiantes e solicitar a intervención dos organismos competentes cando, dentro do territorio dos seus respectivos municipios, consideren que é preciso para a conservación e a posta en valor de bens patrimoniais, sobre os que non teñen competencia directa. En Samos, a maleza, sinaladamente os arbustos que medran na parede do mosteiro, no río Sarria, poden chegar a ser unha ameaza para estabilidade do muro. Así o entende o portavoz popular, José Fernández, que, unha vez máis, insta ao alcalde, o socialista Julio Gallego, a facer as xestións necesarias na Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que proceda a limpar o río e liberar a parede dos mosteiro dos arbustos que medran nela.

José Fernández sinala: “Se Samos é coñecido por algo é polo seu mosteiro. É obriga do alcalde coidar de que todo o que ten que ver co mosteiro estea nas mellores condicións posibles. E a limpeza do río é fundamental tanto para a imaxe do conxunto como para previr incidencias relacionadas coa seguridade do edificio”.

O portavoz popular sinala: “No PP levamos tempo reclamado medidas como as que agora expoñemos. Non é un capricho. Para Samos, o patrimonio histórico e monumental é imprescindible para a súa economía, e, polo tanto, o Concello ten a obriga de facer todo o que estea nas súas mans para a súa conservación. O alcalde e o presidente da Confederación Hidrográfica militan no mesmo partido, polo tanto dou por suposto que hai entre eles bo entendemento. Pois é hora de que o demostren e de que a Confederación limpe o río debidamente ao seu paso por Samos e moi especialmente á altura do mosteiro”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

11 horas hace

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 día hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 día hace

El Ayuntamiento de Rábade está planificando un reubicación permanente para los 13 miembros de la familia cuya casa fue destruida por un incendio

Los afectados por el incendio que devastó el jueves dos edificios en el municipio lucense,…

1 día hace

Ingenium S.a. adquirida por Comelit para expandir en automatización

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

1 día hace

Esta web usa cookies.