O PP de Foz insta a Cajoto a tramitar a redacción do plan especial para o casco histórico e a desenvolver o PXOM, aprobado polo anterior goberno local

Foz, 13 de setembro de 2022. O goberno local, presidido polo socialista Fran Cajoto, tres anos despois de asumir o goberno de Foz é incapaz de abandonar á parálise na que se atopa dende o primeiro día. Se en todos os aspectos a falta de iniciativa do equipo de goberno é un grave problema para Foz, é aínda máis grave no terreo urbanístico. O portavoz popular,  Javier Castiñeira, asegura que “é lamentable que o equipo de goberno estea totalmente paralizado e que iso afecte ao desenvolvemento do noso concello; entendemos que a falta de compromiso tanto do PSOE como do BNG, coa súa falta de decisión para avanzar en materia de urbanismo, estanos a levar a un caos que é moi negativo para o noso municipio”.

Castiñeira explica: “A xestión urbanística do goberno bipartito de Foz é lamentable, por non dicir que é totalmente inexistente. Non só polo retraso, que denunciamos semanas atrás, da tramitación das licencias de obras, que está colapsando o sector da construción neste concello e ten moi enfadados a moitos propietarios que querían facer obras e non poden pola ineficacia na xestión municipal”. Engade: “Este equipo de goberno atopouse cun Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo anterior goberno; había un compromiso para desenvolvelo nos próximos anos, pero nada se fixo”.

Na mesma liña, Castiñeira destaca: “Había que desenvolver un PEPRI, un plan especial de protección e reforma interior para a zona antiga, para pormenorizar as condicións urbanísticas do casco histórico, recollidas só de maneira moi xenérica no PXOM. Nada se fixo, a pesar da insistencia do PP no pleno; nin sequera se contratou a unha consultora para iniciar ese proceso”.

Os populares indican que tampouco foi ampliado o caudal de captación no concello de Foz para poder desenvolver tanto a parroquia de Cordido, que está pendente da legalización da súa captación (en tres anos o equipo de goberno non foi capaz de facelo), como na zona urbana, alí onde se precisa unha ampliación, para desenvolver zonas de progreso como poden ser Malates ou As Torres”.

Castiñeira sinala: “Se miramos as peticións do PSOE e do BNG cando estaban na oposición, vemos que, por exemplo, nada fixeron con respecto ao solar situado enfronte á Casa da Cultura. Eles pedían unha solución e a única solución e que alí seguen a medrar as herbas que invaden a rúa”.

No PP lamentan “que o equipo de goberno estea totalmente paralizado e iso afecte ao desenvolvemento do noso concello”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

La Plataforma Ulloa Viva acusa a la Xunta y al Estado de ser indignante

Vecinos elaboran en Monterroso (Lugo) pancartas y lemas para la manifestación del día 26 en…

5 mins hace

El tiempo para hoy en Lugo, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

14 horas hace

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 día hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 día hace

El Ayuntamiento de Rábade está planificando un reubicación permanente para los 13 miembros de la familia cuya casa fue destruida por un incendio

Los afectados por el incendio que devastó el jueves dos edificios en el municipio lucense,…

1 día hace

Esta web usa cookies.