O PP de Burela lamenta que “a falta de planificación do goberno do señor Llano poña en risco a seguridade viaria nas inmediacións dos centros educativos”

Burela, 8 de setembro de 2022.Os populares de Burela condenan unha vez máis “a incapacidade de xestión” do goberno socialista do señor Llano poñendo como exemplo as queixas que trasladan os veciños á formación popular ante a “falta de planificación” nas obras de renovación do asfaltado da rúa Camiño Real. “Acaba de dar comezo o curso escolar, pero esta zona que limita cos recintos educativos do Perdouro está sen pintar”, explican.

O voceiro, Manuel Rouco, considera que “este risco para os menores que comezaron o curso escolar e que non teñen os pasos de peóns debidamente sinalizados se podería ter evitado se o goberno socialista do señor Llano e, particularmente, o responsable desta área, o concelleiro don Ramiro Fernández, houberan planificado axeitadamente o calendario de obras- É unha irresponsabilidade poñer en risco non só a seguridade viaria dos veciños e veciñas; senón, especialmente, a dos menores que este xoves comezan a acudir a diario ás zonas educativas da nosa vila”.

O goberno de Llano só espabila tralas denuncias públicas do PP

Rouco explica que “isto non é máis que un suma e segue na lista de despropósitos do goberno de Burela que o único que fai é improvisar no seu día a día”. En relación á obra do Camiño Real, lembra que “está envolta na incerteza e na inseguridade dende o primeiro día”. Por unha banda, “tivo que ser presupostada ata en dúas ocasións, co conseguinte incremento de prezos debido á ineficiente xestión do goberno local que foi incapaz de tramitar en tempo e forma a súa contratación”. E, por outra, “cando comezaron as obras tamén denunciamos a deficiente sinalización das mesmas, particularmente, na baixada dos institutos o que engadía un perigo que podía terse evitado facilmente”.

Igualmente, tivo que ser outra denuncia pública dos populares a que “fixera espabilar ao goberno local para subsanar as deficiencias nesta rúa que estaba a escuras e cos vadéns habilitados para reducir a velocidade dos vehículos ao aproximarse aos centros educativos sen sinalizar. Este é un proceder curioso para un goberno dunha vila coma Burela”, considera Rouco.

O PP local lamenta que “unha vez máis se cumpran as nosas previsións, xa que sería bo para o noso pobo que o goberno local deixara de darnos a razón sobre a súa incapacidade de xestión e a súa improvisación diaria”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Lugo: Qué tiempo va a hacer en el puente de mayo

¿Cómo estará el tiempo en Lugo durante el próximo puente de mayo? Los expertos advierten…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 28 de abril de 2024

Para el día de hoy en Lugo habrá cielos nubosos con lloviznas generalizadas. Con respecto…

1 día hace

Importancia de la banca rentable: palabras de Gonzalo Sánchez de PwC España

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

1 día hace

La botadura de los ac75 revela los secretos e innovaciones de los equipos de la America’s Cup

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

1 día hace

Asempleo urge consenso para reducir accidentes en el trabajo

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

1 día hace

Familias españolas eligen a Grupo Albia como la funeraria más destacada, muestra el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

1 día hace

Esta web usa cookies.