“Burela xa non dispón de bandeiras azuis nos seus areais pola ineficacia do goberno local”, segundo indican os populares

Burela, 7 de setembro de 2022. Os populares bureleses lamentan, unha vez máis, “a falta de solvencia do goberno socialista de Burela” tras comprobar que “as praias da nosa vila xa non dispoñen de bandeiras azuis dende o día 1 de setembro, cando a concesión deste distintivo de calidade comprende ata finais de setembro e, polo tanto, aínda ondean nos areais doutros municipios”. O Grupo Municipal Popular, na súa labor de fiscalización, pedirá explicacións ao alcalde sobre a retirada deste distintivo de calidade, “un despropósito” que “prexudica a Burela e aos nosos veciños”.

O voceiro, Manuel Rouco, explica que “se ben a calidade da auga este verán foi excelente, foron moitas as irregularidades cometidas polo goberno socialista do señor Llano en relación aos equipos a pé de praia para que os socorristas puideran atender en condicións óptimas aos bañistas”.

Así o explica despois de comprobar as “lamentables condicións nas que se atopan as instalacións, os EPIS, equipos ou insumos de atención sanitaria que deberían figurar na dependencias a pé de praia: ou son insuficientes ou estaban caducados ou en mal estado ou, simplemente, non existen. A isto hai que sumar que os baños públicos habilitados na Marosa e no Portelo non estaban nas mellores condicións debido a que non se limpaban tódolos días e sufrían atascos continuos nalgúns casos. Incluso, chegou a rexistrarse algún incidente con estas instalacións xa que un usuario se quedou pechado dentro”.

Rouco considera que “a ineficacia” do goberno local “supón un prexuízo económico e turístico para a nosa vila”, aínda que “somos conscientes de que ao goberno de Llano pouco ou nada lle importa isto, tal e como ten demostrado noutras ocasións”. O popular lamenta que “aos concelleiros socialistas lles chegue con facer a foto de rigor ao comezo do verán izando as bandeiras azuis. Parece que con iso xa dan o seu traballo por cumprido”.

Este non é o primeiro problema que o goberno do Concello de Burela protagoniza este verán en relación a este distintivo de calidade. “A bandeira azul izada ao comezo desta campaña estival non era a oficial, senón unha raída e gastada de varias temporadas anteriores; porque non fixeran os deberes e non contaron coas oficias a tempo como si fixeron outros Concellos. Os socorristas foron contratados unha semana máis tarde do debido e o Concello tampouco logrou completar as prazas dispoñibles xa que as condicións ofertadas polo goberno local non eran o suficientemente atractivas para estes profesionais. Os populares aseguran a este respecto que “houbo titulados en socorrismo anotados na oficina de emprego de Burela ao longo deste verán”.

Incapacidade de xestión do goberno socialista

Rouco considera “gravísimo que un goberno dun Concello coma Burela poña en perigo un distintivo de calidade que custou tanto obter, única e exclusivamente pola súa mala praxe”. Así mesmo, lamenta que “sexan os veciños da nosa vila os que sufran as consecuencias da incapacidade de xestión que o goberno socialista de Burela amosa nas súas diferentes actuacións”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 28 de abril de 2024

Para el día de hoy en Lugo habrá cielos nubosos con lloviznas generalizadas. Con respecto…

12 horas hace

Importancia de la banca rentable: palabras de Gonzalo Sánchez de PwC España

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

20 horas hace

La botadura de los ac75 revela los secretos e innovaciones de los equipos de la America’s Cup

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

20 horas hace

Asempleo urge consenso para reducir accidentes en el trabajo

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

20 horas hace

Familias españolas eligen a Grupo Albia como la funeraria más destacada, muestra el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

21 horas hace

La compañía Holaluz al borde de cerrar importantes préstamos

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

1 día hace

Esta web usa cookies.