O PP de Monforte esixe explicacións a Tomé por ter inoperativo o campo de fútbol de A Pinguela

Monforte de Lemos, 29 de agosto de 2022. O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, ten demostrada unha inaudita capacidade para facer xustamente o contrario do que predica. A portavoz popular, Katy Varela, sinala que ao rexedor monfortino, sempre máis preocupado da Deputación que do Concello, éncheselle a boca falando da promoción do deporte, pero, á hora da verdade, as instalacións deportivas monfortinas reflicten perfectamente o desinterese real de Tomé e do seu goberno por estas infraestruturas. E así ocorre que o campo de fútbol de A Pinguela está inoperativo e o Lemos non poderá xogar durante un tempo neste recinto. O PP anuncia a presentación dunha iniciativa plenaria para que o goberno explique a qué se debe a actual situación e que planes ten para resolver o problema.

Os populares monfortinos teñen coñecemento de que a finais do mes de xullo déronse unha serie de deficiencias no estado do campo de fútbol de A Pinguela e as actuacións posteriores do Concello empeoraron a situación. A portavoz popular explica que, a día de hoxe, “o campo de fútbol está inoperativo, polo que o equipo de fútbol da cidade, o Lemos, non poderá de momento xogar os partidos neste recinto, o que lle ocasiona un grave prexuízo económico; esta situación pode chegar a ocasionar un trastorno no resto de competicións que incumben aos equipo de fútbol da cidade”.

 Varela anuncia a presentación dunha iniciativa no pleno, “para coñecer con exactitude que ocorreu no campo de fútbol e cal será a solución”. Os populares sinalan que “as continúas ausencias do alcalde da cidade dan lugar a pouco control na execución das distintas obras, polo que acaban por converterse en chapuzas”.

O PP, por outro lado, di que, “despois do pomposo anuncio do alcalde do arranxo dos outros dous campos de fútbol (Luís Bodegas e Escolapios), cuxo contrato estaría adxudicado a principios de agosto, comprobamos na plataforma de contratación que, segundo o estado do contrato, este aínda non foi adxudicado, polo que se continúa así cara a finais de mes deberemos preguntar tamén polo estado deste asunto”.

Katy Varela sinala: “Xa é coñecida a afección do alcalde de Monforte á propaganda, pero tropeza coa mala execución das obras e a xestión dos contratos; é dicir, dá lugar a unha mala xestión dos recursos e unha perda de diñeiro público evidente”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Besteiro (PSdeG) insta a la Xunta a incrementar su esfuerzo para no desaprovechar oportunidades en empleo e industria

LUGO, 1 (EUROPA PRESS) El secretario xeral del PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, ha reclamado…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 1 de mayo de 2024

Durante la mañana en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Por la…

22 horas hace

La causa que involucraba a Mañueco como investigado por una entrada para ver al Real Madrid ha sido archivada en Lugo

El juez concluye que no hay indicios de delito en la pieza separada derivada de…

1 día hace

La Premier League sigue el ejemplo de LaLiga y pone en marcha su control económico tras años de un modelo a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

1 día hace

El paisaje del olivar genera un auge en la oferta de alojamiento en pueblos de toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

1 día hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

1 día hace

Esta web usa cookies.