Os deputados do PP por Lugo reclaman ao Goberno que explique que medidas pensa adoptar para evitar novas situacións de caos de tráfico en Pedrafita, polo desvío da A-6

Lugo, 25 de agosto de 2022. Os deputados do PP por Lugo, Joaquín García e Jaime de Olano, presentan unha batería de preguntas ao Goberno en relación coa situación do tráfico en Pedrafita, como consecuencia do desvío da A-6 a causa do afundimento do viaduto de O Castro. Os populares indican que durante o mes de agosto están a ser frecuentes as situacións caóticas producidas no termo municipal de Pedrafita, motivadas polo derrube do viaduto de O Castro e o conseguinte desvío da circulación pola N-VI que atravesa a localidade de Pedrafita do Cebreiro.

Os populares sinalan que nos últimos días, concretamente o pasado 21 de agosto, chegáronse a producir retencións de ata preto de 3 horas, con condutores atrapados nun tramo de 3 quilómetros con múltiples incidencias: coches avariados, familias con nenos na beiravía, etcétera.

Os deputados do PP por Lugo queren saber se o Goberno é consciente  da situación que se dá en Pedrafita. Preguntan que medidas tomou para axilizar o tráfico ao seu paso pola localidade de Pedrafita e interésanse por coñecer se a Dirección General de Tráfico ten previsto adoptar medidas, coordinadas co Concello de Pedrafita, para regular a circulación, especialmente en xornadas de moita concorrencia como as das feiras.

 Os populares preguntan por que razón os paneis informativos da Autovía A-6 non avisaron das retencións que se estaban producindo, o que permitiría que algúns vehículos buscasen o desvío pola N-VI.

García Díez e Olano indican que está próxima a operación retorno e queren saber que dispositivos especiais pensa poñer en marcha o Goberno para evitar que se volvan a repetir as lamentables situacións de caos e descoordinación vividas recentemente. A maiores, os populares solicitaron a comparecencia do director da DGT para que explique que medidas pensan adoptar para evitar que se repitan estas situacións de caos.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 30 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Según pasen…

7 horas hace

El TSXG ha suspendido dos proyectos eólicos en provincias de Lugo y Ourense, uno de ellos debido al vencimiento de la declaración ambiental

El total de suspensiones del alto tribunal gallego asciende a 33 este año LUGO, 29…

19 horas hace

Inauguración en Madrid del campus más grande de Cesur en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

20 horas hace

La moda online en España tiene líderes claros: Shein, Zara y H&M

El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…

21 horas hace

Prosegur reporta un crecimiento del 32% en su beneficio neto consolidado, logrando 17 millones en el primer trimestre del año

Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…

22 horas hace

El riesgo para las segundas residencias preocupa al 48% de los españoles en comparación con el año pasado

La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…

23 horas hace

Esta web usa cookies.