Lara Méndez pon en marcha un novo programa gratuíto de formación e asesoramento empresarial dirixido a persoas desempregradas

Trátase da iniciativa Back2Work, que o executivo municipal promove en colaboración coa EOI, cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE).

“Vén a complementar o Inicia Coworking que promovemos ao longo de 6 edicións con gran éxito, pois supuxo a xeración de 121 proxectos”, explicou Méndez.

A través deste programa, ofrecerase acompañamento individualizado durante tres meses a todos os participantes para axudarlles a validar a súa idea de negocio.

En total haberá 15 prazas dispoñibles. Os interesados poden solicitar toda a información no teléfono 982 297 468. As inscricións abrirán en setembro.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta mañá o lanzamento dun novo programa de formación e asesoramento dirixido a persoas desempregadas para que poidan poñer en marcha os seus propios proxectos empresariais. Estivo acompañada pola Concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana G. Abelleira e Mar Laurel, xerente de ‘Las Manos del Alma’.

Trátase do programa Back2Work, que o executivo municipal organiza en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e co financiamento do Fondo Social Europeo (FSE), de xeito que será totalmente gratuíto para os e as participantes.

A presentación tivo lugar na Rua Nóreas, ubicación que acolle o proxecto persoal de Mar Laurel ‘Las Manos del Alma’,  unha emprendedora que naceu en pleno confinamento e se formou a través do acompañamento dos profesionais do CEI Nodus, conseguindo poñer en marcha a súa propias empresa. Inicialmente no propio Cei Nodus, estando instaladas entre novembro do 2020 e agosto do 2021.

Lara Méndez avanzou que “esta iniciativa vén a complementar o programa Inicia Coworking que promovemos dende o Concello ao longo de seis edicións con gran éxito, pois supuxo a xeración de 121 proxectos empresariais, dos que 83 están facturando, e a creación de 219 postos de traballo directos, máis os indirectos”.

“Nesta ocasión, queremos centrar os nosos esforzos en xerar novas oportunidades laborais para persoas que se atopan desempregadas, de modo que ofrecemos formación e asesoramento individualizado, durante tres meses, para acompañar a quenes teñan unha idea de negocio e axudarlles a convertela nun proxecto de futuro”, explicou a rexedora.

En total haberá 15 prazas dispoñibles. Os interesados poden solicitar toda a información a través do correo electrónico cwlugo@eoi.es ou no teléfono 982 297 468. As inscricións abrirán a comezos de setembro e o inicio da docencia está previsto para o mes de outubro.

A formación será maioritariamente presencial, a través do Centro de Empresas e Innovación do Concello (CEI Nodus), situado na Avenida da Coruña. Para participar será requisito imprescindible atoparse desempregado e levar un mínimo de 12 meses dos últimos 18 nesta situación.

O equipo docente estará formado por mentores e especialistas que atenderán de maneira individualizada a cada un dos participantes para axudarlles a validar a súa idea de negocio, propiciándolles as claves para optimizar os seus proxectos.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Según pasen las…

1 día hace

La Plataforma Ulloa Viva acusa a la Xunta y al Estado de ser indignante

Vecinos elaboran en Monterroso (Lugo) pancartas y lemas para la manifestación del día 26 en…

2 días hace

El tiempo para hoy en Lugo, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

2 días hace

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

3 días hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

3 días hace

Esta web usa cookies.