Lara Méndez esixe á Xunta que de resposta á zona de baño pública e o arranxo do caneiro, dous proxectos moi demandados pola cidadanía

A rexedora lamentou que o executivo autonómico esté a utlizar unha institución pública para facer uso partidista e privar á cidade de Lugo destas infraestruturas.

“A Xunta non ten interese en que obras cun importe superior a 600.000 euros se realicen, sendo os únicos prexudicados os veciños e veciñas da cidade” subliñou.

A paralización das obras do caneiro está afectando á profundidade do río, o que lastra a actividade normal e cotidiá das asociacións deportivas lucenses.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, esixiu este mércores á Xunta de Galicia que, de forma urxente, “de respostas e solucións que nos permitan, por un lado, á Confederación Hidrográfica o arranxo do caneiro de Acea de Olga, e ao Concello a implementación da zona de baño pública no Miño, dous proxectos amplamente demandados pola cidadanía e necesarios para o municipio”.

Neste senso, a rexedora subliñou que “a Xunta de Galicia sabe que se non aproveitamos este momento, se non se aproveita a estiaxe, non se poderá realizar o arranxo do caneiro, cando menos, ata o ano que vén”. “O que estamos a ver, e se traduce a todas luces, é que o executivo autonómico está a utilizar unha institución pública para facer un uso partidista e privar á cidade de Lugo de infraestruturas e de obras necesarias e demandadas”, valorou.

“O caneiro non ten capacidade de desprazarse, a súa ubicación é a que é, polo tanto, a única opción é trasladar a colonia de mexillóns, por certo, como xa se fixo noutras ocasións. Polo tanto, o non dar resposta, retrasar e estar torpedeando o único que demostra é o que nós viñamos manifestando nos últimos días, que é que a Xunta, é dicir, o Partido Popular non ten interese en que obras cun importe superior a 600.000 euros entre a reposición do caneiro e a zona de baño pública da cidade se realicen”, apuntou.

“Como digo, estaríamos deixando de invertir máis de 600.000 euros, polo tanto non se pode permitir que un partido político utilice unha institución para sacar un rédito partidista, coa única motivación de que, como non temos a mesma cor política, non permitimos o desenvolvemento e a execución desas infraestruturas nun territorio; é incomprensible e inadmisible”, censurou a rexedora.

Deste xeito, Lara Méndez solicitoulle á Xunta de Galicia “que faga política de altura, que estea por riba dos seus intereses partidistas, que poña por riba os intereses da cidadanía, e que dé solucións ao traslado dos mexillóns, para poder facer o arranxo do caneiro, que reitero, se non se fai neste momento non se podería facer este ano”.

A alcaldesa apuntou que “onte mesmo, mentres participaba nunha das actividades acuáticas que organizamos dende o Concello no verán, os monitores dos clubes deportivos trasladábanme a súa preocupación, pois están a ver unha profunidade moi mermada do río, precisamente polo non arranxo do caneiro”.

“Polo tanto, estamos vendo que esas infraestruturas son necesarias ata para a actividade normal e cotidiá das asociacións deportivas da nosa cidade, así son moitas as persoas ás que está afectando esta negativa da Xunta de Galicia”, explicou.

Lara Méndez lamentou que “os únicos prexudicados pola estratexia partidista do executivo autonómico son os veciños e veciñas da nosa cidade”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Se ha cortado un carril de la A-6 en dirección a Lugo debido al vuelco de un camión en Carballedo

LUGO, 7 (EUROPA PRESS) El vuelco de un camión en la A-6 en el kilómetro…

5 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 7 de mayo de 2024

Para las primeras horas del día en Lugo habrá más nubes que claros. Por la…

10 horas hace

España ve incremento en inversión extranjera a través de Laliga

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

22 horas hace

El rol de las empresas tecnológicas chinas en la recolección de datos globales bajo escrutinio

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

23 horas hace

La preferencia de los pacientes posiciona a la Fundación Jiménez Díaz como líder en alta complejidad en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

23 horas hace

Conductor en Lugo es detenido por quintuplicar el límite de alcoholemia

Este pasado fin de semana, la Policía Local de Lugo ha intervenido a un conductor…

1 día hace

Esta web usa cookies.