O Concello achega á CHMS unha proposta que evita ancorar a Plataforma de Baño ao leito do río para acadar así o beneplácito da Xunta

A alternativa pasaría por amarrar os mortos de formigón na beira do Miño, tal e como se instalan estas estruturas en augas encoradas, ocasionando un menor impacto ambiental.

A área de Medio Ambiente acompañou a solicitude de modificación non substancial das piscinas flotantes da documentación oportuna para propiciar a avaliación inmediata da medida e a conseguinte apertura das instalacións.

Miguel Fernández reitera a súa petición de colaboración ás Administracións implicadas para que aborden o procedemento de revisión con axilidade.

O Concello de Lugo acompañou a súa solicitude á Confederación Hidrográfica para proceder a unha modificación non substancial da ubicación das piscinas flotantes cunha propostacomplementaria de cambio que evitaría depositar os mortos de formigón no leito do Miño.

“Trátase de poñer en coñecemento do Organismo da Cunca que, logo de constatar que na nova localización non parece existir a mesma densidade de mexillón, existe a posibilidade de dimensionar o ancoraxe da estrutura á beira fluvial, evitando así calquera acción invasiva sobre o fondo do río e mesmo a posibilidade de ter que realizar un traslado dos exemplares da especie que poidan aparecer na zona”, explicou o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.

O responsable de área indicou tamén que a concellería de Medio Ambiente enviou, así mesmo, a documentación oportuna para propiciar a avaliación inmediata da medida e a conseguinte apertura das instalacións.

“Falamos dun sistema que se emprega precisamente para habilitar este tipo de dotacións en espazos de augas encoradas, emprazamento no que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural consideraba que se daban as condicións preferentes segundo sinalou no seu informe, polo que agardamos que toda vez que a Confederación lle remita o expediente ao ente autonómico para o seu análise, este sexa receptivo ás modificacións propostas”, sinalou o edil.

Neste mesmo sentido, Miguel Fernández reiterou, unha vez máis, a súa petición de colaboración ás Administracións implicadas para que aborden o procedemento de revisión con axilidade.

“Dixemos que o Concello de Lugo faría todo o posible para acadar a apertura da Zona de Baño Público este verán e así está a ser. Agardamos que o resto de organismos públicos respondan da mesma maneira á vista da importante demanda social que ten esta infraestrutura”.

Nota de prensa do gabinete de comunicación do Concello de Lugo.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

54 mins hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 hora hace

Ingenium S.a. adquirida por Comelit para expandir en automatización

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 horas hace

Reconocimiento global para cinco hoteles de lujo en España

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

2 horas hace

Precaución en Galicia: viernes de viento y lluvia

Avisos amarillos en Galicia por intensas lluvias y vientos Este viernes, se activarán avisos amarillos…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 3 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Con respecto…

12 horas hace

Esta web usa cookies.