EMENDA DO GPS Á PROPOSICIÓN DE APOIO ÁS TRABALLADORAS DO SAF DO CONCELLO

Emenda presentada esta mañá á proposta en apoio ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e que foi aceptada, instando á Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias, a que, entre outras actuacións, desenvolva accións e programas con carácter complementario ás prestacións contidas no programa individual de atención tales como asesoramento, acompañamento activo, orientación, asistencia e formación en tecnoloxías de apoio e adaptacións, que contribúan a facilitar a realización das actividades da vida diaria baixo o paradigma de atención sociosanitaria centrado na persoa, pero tamén a regular a intensidade dos servizos de prevención do SAAD, adecuándoa á realidade territorial da nosa comunidade autónoma, así como a asumir a totalidade do gasto orzamentario do SAF atendendo ás competencias que lle son propias.

ACORDO

  1. Instar á Xunta de Galicia que, no desenvolvemento das súas competencias amparadas polo Real Decreto 1051/2013, do 27 de decembro, polo que se regulan as prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia:
    2.1 Desenvolva accións e programas con carácter complementario ás prestacións contidas no programa individual de atención tales como asesoramento, acompañamento activo, orientación, asistencia e formación en tecnoloxías de apoio e adaptacións, que contribúan a facilitar a realización das actividades da vida diaria baixo o paradigma de atención sociosanitaria centrado na persoa.
    2.2 Regule a intensidade dos servizos de prevención do SAAD, adecuándoa á realidade territorial da nosa comunidade autónoma no seu correspondente ámbito competencial.
    2.3 Asuma a totalidade do gasto orzamentario do SAF atendendo ás competencias que lle son propias.
  2. Instar á Xunta de Galicia no ámbito das súas competencias a:
    3.1 Contribuír ao establecemento dun convenio laboral digno, respondendo ás necesidades de adecuación salarial digna, non só no referido ao incremento do IPC senón tendo en conta as características do servizo que se presta.
    3.2 Promover un convenio digno en canto a condicións laborais e desempeño do mesmo, atendendo ás demandas das diferentes categorías profesionais que conforman o servizo.

Audio da concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre a emenda presentada.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Isabel Díaz Ayuso, al frente de la política española en reconocimiento, indica el Instituto IO

La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…

7 horas hace

Lugo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Lugo: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

16 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 2 de mayo de 2024

En la mañana de hoy en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia.…

21 horas hace

Besteiro (PSdeG) insta a la Xunta a incrementar su esfuerzo para no desaprovechar oportunidades en empleo e industria

LUGO, 1 (EUROPA PRESS) El secretario xeral del PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, ha reclamado…

2 días hace

El tiempo para hoy en Lugo, 1 de mayo de 2024

Durante la mañana en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Por la…

2 días hace

La causa que involucraba a Mañueco como investigado por una entrada para ver al Real Madrid ha sido archivada en Lugo

El juez concluye que no hay indicios de delito en la pieza separada derivada de…

2 días hace

Esta web usa cookies.